Manuel I de Trebisonda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Foi o segundo fillo de [[Aleixo I de Trebisonda|Aleixo I]], o primeiro emperador de Trebisonda, e [[Teodora Aksukhina]]. Sucedeu ao seu irmán, [[Xoán I de Trebisonda|Xoán I Aksúkhos.]] A pesar da súa suposta capacidade militar, Trebisonda converteuse ou seguiu sendo un vasalo dos [[Dinastía selxúcida|turcos selxúcidas]], e, despois da [[Batalla de Köse Dáğ]] en 1243, dos [[Pobo mongol|mongois]] de Persia. As forzas trapisondesas serviron na batalla como vasalos selxúcidas. As forzas selxúcidas foron destruídas coa derrota e o [[Sultanato do Rum|Sultanato de Rüm]] comezou a declinar.
 
En 1253, Manuel negociou unha alianza dinástica co rei [[Luís IX de Francia]], pola cal esperaba asegurar a axuda dos cruzados contra os selxúcidas e Láscaridas de Nicea, pero Luís aconselloulle buscar unha esposa no [[Imperio Latino|Imperio Latino de Constantinopla.]] [[Jean de Joinville]] dá testemuño da riqueza de Manuel, dicindo que enviou a Luís: «varios obxectos preciosos como agasallo, entre outros, arcos feitos da madeira do sorbus, cuxas fendiduras de frecha encaixaron no arco, e cando foron liberadas, un viu que eran moi afiadas e ben feitas.»