Hugo Grotius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 49:
 
O Dereito natural e as [[Lei|normas legais]] do [[Estado]] necesitan un [[Xefe de Estado|soberano]] forte que garanta a expansión [[Comercio internacional|comercial]], a orde e a [[paz]]. Grotius é considerado como un dos fundadores do [[Dereito internacional]], xunto con [[Francisco de Vitoria]].
[[Ficheiro:HugoGrotius-MareLiberum-1609.jpg|miniatura|esquerda|Portada de ''Mare Liberum'']]
 
Na [[monarquía absoluta]] o [[rei]] está suxeito ás súas propias leis. Xa que é [[monarca]] por dereito divino, as súas leis son xustas, e todos, mesmo el, deben obedecelas. Pero tamén hai un Dereito natural que non se pode saltar. A autoridade do rei, en moitos casos, está limitada polas [[Cortes]], que teñen que votar os [[impostos]], co que o rei depende delas para conseguir recursos. Un caso particular é o de [[Inglaterra]], onde, malia o absolutismo dos [[Casa de Tudor|Tudor]] e ser o rei quen dita as leis, estas só entran en vigor cando as vota o [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento]].
[[Ficheiro:Hugo Grotius and Catholic Maria Van Jesse.JPG|miniatura|[[Estatua]] de Hugo Grotius na [[Gran Praza de Delft|Gran Praza]] de [[Delft]], onde naceu, coas [[torre]]s da [[Igrexa de María de Xesé (Delft)|igrexa de María de Xesé]] ao fondo]]
[[Ficheiro:HugoGrotius-MareLiberum-1609.jpg|miniatura|esquerda|Portada de ''Mare Liberum'']]
No [[século XVI]] a [[política]] e a [[relixión]] estaban intimamente ligadas, non só porque estivesen en disputa a [[soberanía]] do [[papa]] e a do rei ou a do [[emperador]], senón porque o rei decide cal é a relixión dos seus súbditos. Os distintos xeitos de concibir a relixión implican diferentes concepcións do poder.
 
Grotius sentou unha das bases máis importantes do ''Ius gentium ''("[[Dereito de xentes]]"), na súa obra ''Mare Liberum''. Desenvolveu a súa teoría distinguindo entre [[mar]] próximo (dálle certos dereitos ao Estado) e mar oceánico, que é totalmente libre. Sostén que debe haber libre [[comunicación]] e [[navegación]], posto que o mar non é propiedade de ninguén e todos os países teñen o dereito de tirar proveito del, tese á que se opuxo o [[inglés]] [[John Selden]], na súa obra ''Mare clausum''. A disputa sobre a propiedade ou a [[nacionalidade]] das augas tiña un transfondo [[Economía|económico]], xa que afectaba o comercio internacional. ''Mare liberum'' é parte dunha obra maior, ''De iure praedae'', inédita ata [[1868]].<ref>Martínez Torres, José Antonio. [[Ficheiro:Hugo Grotius and Catholic Maria Van Jesse.JPG|miniatura|[[Estatua]] de Hugo Grotius na [[Gran Praza de Delft|Gran Praza]] de [[Delft]], onde naceu, coas [[torre]]s da [[Igrexa de María de Xesé (Delft)|igrexa de María de Xesé]] ao fondo]][http://estudiosamericanos.revistas.csic.es/index.php/estudiosamericanos/article/view/702/702 "Gobernar el Mundo. La polémica ''Mare Liberum versus Mare Clausum'' en las Indias Orientales (1603-1625)]". En ''Anuario de Estudios Americanos'', 74, 1. Sevilla, xaneiro-xuño, 2017. Páxinas 71-96. [ISSN 0210-5810] ''(en castelán)''</ref>
 
A súa obra ''De iure belli ac pacis'' ([[1625]]) foi o primeiro tratado sistemático sobre o [[dereito internacional]], cuxas bases xa foran sentadas por Francisco de Vitoria, ao que cita abundantemente. Con ela transmitiu e difundiu por [[Europa]] as ideas da [[Escola de Salamanca]]. En ''De iure belli ac pacis'' abandona o concepto de guerra xusta e introduce un novo, o non discriminatorio de "guerra con independencia de xustiza da causa". Sostén que no dereito internacional non existen bos e malos, senón que son todos iguais. De aí o ''iustus hostis'', que considera que o rival é tan xusto coma min, xa que ten os mesmos dereitos. Desenvolve o ''Ius in belo'', ou dereito na guerra, que establece certas regras que parten do concepto de [[humanidade]].<ref>Grotius (1985). Páxina 249.</ref><ref>Grotius (2005). Páxinas 9, 10, 11, 19 e 20.</ref><ref>Miller (2014). 9 a 24.</ref><ref>Forde (1998). Páxina 639-640.</ref><ref>Haakonssen (1985). Páxinas 240-245.</ref>
Liña 86:
 
== Notas ==
{{listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==