Lirio amarelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 27:
== Hábitat e ecoloxía ==
Medra en zonas húmidas ou asolagadas nas beiras dos {{Dic|regueiro}}s, [[lagoa]]s e [[encoro]]s, dende o nivel do mar até os 800 m de altitude. Forma parte de comunidades que se inclúen na Clase Phragmitio - Magnocaricetea, de distribución cosmopolita, polo común de elevada cobertura, constituídas por heliófitos colonizadores de zonas anegadas gran parte do ano, como [[Braña (terreo)|brañas]], marxes de regueiros, lagoas, lamazais e outras. Son plantas características destes ecosistemas: ''[[Alisma lanceolatum]]'', ''[[Alisma plantago-aquatica]]'', ''[[Galium palustre]]'', ''[[Lycopus europaeus]]'', ''[[Lythrum salicaria]]'', ''[[Sparganium erectum]]'' e ''[[Veronica anagallis-aquatica]]''.
A planta prospera axiña por [[rizoma]] e por sementes espalladas pola auga. Malia ser nomeadamenteprincipalmente [[Planta acuática|acuática]], os rizomas sobreviven prolongados períodos secos.
=== Requirimentos ecolóxicos ===
Prefire a penumbra e unha calor moderada. Aparece no piso montano principalmente. Continentalidade: Suboceánica; non atura xeadas serodias nin temperaturas extremas. Os solos teñen que estar asolagados, anóxicos, e mellor se son algo acedos (pH 4.5 - 7.5). Gusta dos solos ricos en [[nitróxeno]] (indicador de riqueza edáfica de nutrientes).