Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
familia
Liña 10:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:As Foucellas Mesía.jpg|250px|miniatura|As Foucellas, Mesía.]]
Nacido no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], do que tomou o alcume, na parroquia de [[Cabrui, Mesía|Cabrui]], [[Mesía]]. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería<ref>http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular</ref> e na madereira Torres de [[Curtis]]. Máis tarde, trasladouse a [[León, España|León]] para traballar nas minas de carbón de Fabero, [[Ponferrada]] e na madereira Torres de [[Curtis]].
 
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en [[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]], nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.
Liña 23:
Nos anos [[1950]] e [[1951|51]], xa moi minguados os destacamentos [[guerrilleiro]]s, trasládase á zona de [[Betanzos]], en compañía de [[Manuel Vilar Arnoso]], ''Manolito'', que lle servía de único enlace. O [[9 de marzo]] de [[1952]] é detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Concello de Oza dos Ríos|Oza dos Ríos]], resultando mortos ''Manolito'' e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.
 
Foi levado ao cuartel da Garda Civil en Betanzos. Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en [[consello de guerra]] o [[26 de xuño]] de [[1952]] e condenado a morte, sentenza executada o [[7 de agosto]] do mesmo ano, na prisión da [[A Coruña|Coruña]], mediante [[Garrote|garrote vil]] e sendo soterrado nunha fosa común do [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].
 
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
{{Cita|Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.|O Foucellas<ref name="Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos">{{cita web|título=Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos|apelidos=Rivera Rey|nome=Alberto|url=http://praza.com/lecer/1696/foucellas-o-mito-que-se-apagou-hai-60-anos/|dataacceso=29 de xullo de 2013}}</ref> }}
 
A muller de Foucellas foi separada dos seus fillos, morreu nun hospital de Valladolid. A súa filla quedou a cargo dunha avoa pobre que non se podía facer cargo do fillo o cal tivo que ir vivir con outro familiar. Pepiña con 12 anos facía traballos de costura polas casas cobrando 10 pesetas e a comida. Trala morte de Foucellas marchou a Francia con 6.000 pesetas deixadas por un tío seu. Non volvería a Galiza ata 32 anos despois.<ref>{{Cita web|url=https://franquismo.wordpress.com/2008/10/30/acto-en-ordes-recordando-a-ponte-y-a-foucellas/|título=Acto en Ordes recordando a Ponte y a Foucellas}}</ref>
 
A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.
Liña 33 ⟶ 35:
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
==Galería de Imaxes==