Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
}}
 
O '''Movemento Galego ao Socialismo (MGS)''' é unha partido político [[Comunismo|comunista]] e [[independentismo galego|independentista]] galego, integrado no [[Bloque Nacionalista Galego]] que ten como principais obxectivos a superación do capitalismo, a liberación nacional de [[Galiza]], a democracia socialista e o comunismo<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/sobre-o-mgs/|autor = |título = Sobre o MGS (páxina web do MGS)|dataacceso = }}</ref>. Como tal organización naceu en marzo de [[2009]], aínda que a súa I Asemblea Nacional foi celebrada en maio de 2012, onde aprobou os seus Estatutos e escolleu a súa primeira dirección, chamada Mesa Nacional. En decembro de 2014 celebrou a II Asemblea Nacional, na que aprobou o seu programa político.
 
== Historia ==
 
== Estrutura ==
Durante os primeiros anos, o MGS defínese como unha organización asemblearia baseada nas diferentes asembleas de zona (de ámbito comarcal). No Encontro de Teo foi creada a Coordinadora Nacional, responsábel pola coordinación do MGS até a celebración da I Asemblea Nacional, que aproba uns Estatutos nos que se reforma o modelo organizativo e se afirman como principios fundamentais "o asemblearismo, a dirección colectiva e unitaria, a disciplina militante, a crítica e a autocrítica". Na II Asemblea Nacional profundízase nesta dirección ao aprobarse o [[centralismo democrático]] como principio básico. Ademais das asembleas de zona, o MGS conta tamén cunha estrutura no exterior<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/mgs-exterior/|autor = MGS|título = WebPáxina web da Asemblea Exterior do MGS|dataacceso = }}</ref> na que se encadra a militancia que se atopa fóra de Galiza.
 
== Publicacións ==
O MGS edita dúas veces ao ano unha revista, chamada Arredista!, con diversos informes, análises e artigos de opinións sobre asuntos de política nacional e internacional<ref name=":2">{{Cita web|url = http://mgs.gal/publicacions/|autor = MGS|título = Área de publicacións na páxina web do MGS|dataacceso = }}</ref>. Ademais, conta cunha folla axitativa, Máis Alá, que trata temas monográficos e non ten periodicidade fixa<ref name=":2" />.
 
== Presenza noutras organizacións ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://mgs.gal/ WebPáxina web do Movemento Galego ao Socialismo].
* [http://www.bng.gal/ WebPáxina web do Bloque Nacionalista Galego]
* [http://www.polabase.net/ WebPáxina web do Movemento pola Base]. {{Ligazón morta}}
 
{{Nacionalismo galego}}
174.308

edicións