Abrir o menú principal

Cambios

 
== Causa da extinción ==
A extinción do dugongo-de-steller está claramente asociada á chegada ao mar de Bering de pescadores e colonos occidentais. Así entre os anos 1743 e 1763 chegáronse a fletar dezanove navíos<ref name="quercus367"/>. Durante os meses que duraban estas expedicións, cazábanse de maneira masiva raposos, lontras e focas pola súa pel. A vaca mariña foi de inmediato identificado como fonte de alimento e cazado pola súa carne, que é descrita como de textura e sabor semellantes ao bisté de [[vaca]]<ref name= "piper" />. A graxa era aproveitada para cociñar ou para as lámpadas a óleo, e o leite das femias era consumido directamente ou transformado en [[manteiga]]. O coiro era usado para fabricación de vestiario. No entanto, a caza excesiva non foi o único motivo de extinción. Xuntamente cos dugongos, os pescadores damnificaron tamén as poboacións de [[lontra mariña|lontras mariñas]] que se alimentaban, entre outras cousas, de [[ourizo de mar|ourizos do mar]]. Cos seus predadores en declínio, a poboación de ourizos estourou e, como se alimentaban da mesma vegetación mariña, tornáronse competidores do dugongo-de-steller. Nunha expedición do 1754, fíxose tal matanza de animais, que un home coñecido coma Yakovlev aconselleu ás autoridades rusas a prohibición da súa caza<ref name="quercus367"/>. O 27 de novembro de [[1755]]<ref name="quercus367"/> foi emitida unha orde nos portos piscatórios do mar de Bering que prohibía a caza do dugongo-de-steller. Porén nesta altura a especie xa se encontraba en declínio acentuado e un dos últimos animais foi cazado en [[1768]]. Dúas espedicións posteriores no 1772 e no 1783 confirmaron que xa non había ningunha vaca mariña con vida<ref name="quercus367"/>.
 
O zoólogo noruegés [[Leonhard Stejneger]] pasou oito meses nas illas de Bering, sen atopar ningún individuo con vida<ref name="quercus367"/>. No 1897 outro explorador noruegés [[Adolf Nordenskjöld]] desembarcou nas Bering, recollendo osos e confirmando a inexistencia de exemplares vivos<ref name="quercus367"/>.
1.471

edicións