Hydrodamalis gigas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Arranxos varios
Almaffi (conversa | contribucións)
Liña 56:
 
== Características ==
Este sirenio era considerábelmente maior que os membros actuais da súa orde, o [[dugongo]] e o [[manatí]]. A vaca mariña de Steller pertence á familia dos [[manatí]]s, diferenciándose deles, por carecer de unllas, ter a cola escotada e non redondeada e polas súas setes vértebras cervicais, en lugar das seis habituais<ref name="quercus367">{{cita publicación periódica|apelidos=Valledor A.|título=La vaca marina de Steller: descubrimiento y extinción de un gigante|revista=Quercus|ano=Setembro 2016|volume=367|dataacceso=2 de xullo de 2017}}</ref>. A diferenza dos seus familiares, esta vaca mariña vivía en augas frías, polo que [[evolución|evolucionou]] cara o [[xigantismo]]<ref name="quercus367"/>. Así se tiñan medido exemplares de ata 8 metros de lonxitude e pesando entre 5 a 11 toneladas<ref name="piper">{{cite book|last=Piper, Ross|title=Extinct Animals: An Encyclopedia of Species that have disappeared during Human History|editor=978-0-313-34987-4|date=2009|isbn=978-0-313-34987-4|language=en}}</ref>. Polo que tralas [[balea]]s, a vaca mariña de Steller foi o meirande mamífero existente en tempos históricos<ref name="quercus367"/>.
 
O seu corpo era macizo, con cabeza pequena e pescozo indiferenciado. Os ollos eran pequenos, así como as narinas, e non tiña orellas. Os adultos non tiñan dentes, senón dúas grandes placas dentais, unha no padal e outra no chan do boca. Con estas placas reducía as algas a polpa<ref name="quercus367"/>. A cauda era en forma de abano e os membros dianteiros modificados como [[barbatana]]s tiñan a forma de gancho. Probablemente estas extremidades empregábanas para estabilizarse na auga e entre as rocha. Tamén podían impulsarse con eles e probablemente manipular algas para alimentarse delas<ref name="quercus367"/>. O esqulete tiña 26 [[vértebras]], 35 [[caudais]] e 17 pares de [[costela]]s<ref name="quercus367"/>. Ademais contaba cunha pelvis e extremidades inferiores moi rudimentarios. Os osos eran moi macizos, axeitados para animais con moita [[grasa]] que necesitan unha flotabilidade neutra<ref name="quercus367"/>. Por causa do seu peso e estrutura corporal, o dugongo-de-Steller era un animal bastante lento.
 
A pel era robusta para protexerse de golpes e abrasións contra as rochas. O propio [[Georg Wilhelm Steller|Steller]] comparou a súa pel coa cortiza dunha árbore, pola súa dureza e rugosidade<ref name= "piper" />. É moi probable que albergase [[crustáceo]]s [[parasito]]s, coma [[ciámido]]s ou piollos de balea<ref name="quercus367"/>. É probable que pertencesen a unha especie hoxe extinta. Xa que cada especie de [[ciámido]]s se asocian a unha especie específica de [[cetáceo]]<ref name="quercus367"/>.
 
== Comportamento e alimentación ==