Diferenzas entre revisións de «Pantaleón de Nicomedia»

algo máis da wikipedia en inglés
(algo máis da wikipedia en inglés)
 
Volveu ao cristianismo por mediación do presbítero Hermolao e, á morte de seu pai, entrou en posesión dunha gran fortuna e a denteira fixo que o denunciasen durante a persecución de [[Diocleciano]] mais este non lle desexaba mal ningún e intentou convencelo para que abxurase. Así e todo, Pantaleón confesou abertamente a súa fe e como proba de ser Xesús o verdadeiro deus curou un paralítico, secasí o emperador sentenciouno a morte. Primeiro intentaron queimalo, mais o lume apagouse, deseguido mergullárono en chumbo derretido pero milagrosamente arrefriou. Despois guindárono ao mar cunha pedra atada no pescozo, pero a pedra comezou a aboiar. Máis adiante intentárono con feras pero no canto de esnaquizalo agarimábano, seguidamente amarrárono a unha roda pero as cordas e a roda quebraron. Fíxose unha tentativa de escabezalo, mais a espada alombábase. Reiteradamente Pantaleón oraba a Deus para que perdoase os seus verdugos. Finalmente feneceu, logo de dar o seu consentimento, ao escabezalo baixo unha figueira seca que floreceu ao recibir o seu sangue.
 
Os textos haxiográficos que conteñen eses acontecementos milagreiros son serodios e con pouco valor<ref name="cathen">{{cita enciclopedia | nome = Löffler | autor = Klemens |título = St. Pantaleon | enciclopedia = The Catholic Encyclopedia | volume = 11 | publisher = Robert Appleton Company | ano = 1911 | url = http://www.newadvent.org/cathen/11447a.htm}}</ref>. Existen testemuños da súa verenación no século V, entre outros o sermón dos mártires de [[Teodoreto]] (finado c. 460);<ref>''Graecarum affectionum curatio'', Sermo VIII, "De martyribus", publicado en [[Jacques Paul Migne|Migne]], ''[[Patrologia Graeca]]'', LXXXIII 1033</ref> [[Procopio de Cesarea]] (finado c. 562) afirma en ''De aedificiis Justiniani'' que o emperador [[Xustiniano I]] reedificou un santuario dedicado a Pantaleón en Nicomedia; e hai unha mención á súa figura no ''[[Martyrologium Hieronymianum]]''.
 
== Reliquias ==
29.112

edicións