Diferenzas entre revisións de «Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga»

 
=== Consecuencias ===
[[Ficheiro:Situacion Dumbría.PNG|miniatura|100px|Localización de Dumbría na [[Aprovincia da Coruña|Coruña]], [[Galicia]], onde Marcela e Elisa exercían coma mestras.]]
Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o “matrimonio sen home”. A parella sería portada de xornais galegos e madrileños e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura<ref name=Espido/>. Semella que para que tivese lugar a [[excomuñón]], o párroco pediulle a un doutor que examinase a Mario para comprobar se era home ou muller<ref name="La Opinión">"La boda homosexual que la Iglesia olvidó anular", ''La Opinión'', 24-09-2006- Consultado el 17-06-2007</ref>. Mario accedeu e, cando o doutor emitiu o seu diagnóstico, tentou pasar por un [[hermafroditismo|hermafrodita]] cuxa condición fora diagnosticada en [[Londres]]<ref name="La Opinión"/>. A [[Garda Civil]] perseguiunas até a localidade de Dumbría, onde ambas exercían coma mestras. Tense constancia de que pasaron por [[Vigo]] e [[Porto, Portugal|Porto]] ([[Portugal]]) na súa fuxida. Nesta cidade, Elisa fíxose chamar Pepe e, de novo baixo a aparencia dunha parella heterosexual, as mulleres viviron como marido e muller durante dous meses. O 18 de agosto de 1901, a petición da policía española, foron detidas e encarceradas.<ref name="BBC">{{Cita web | título=La fascinante historia de Marcela y Elisa, las pioneras lesbianas que se casaron en España (y tuvieron que huir a Argentina) | apelidos=Esparza | nome=Pablo | editorial=BBC Mundo |data=11 de noviembre de 2016| url =https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-37946980 |dataacceso=17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Foron liberadas trece días despois porque un movemento solidario liderado por activistas portuguesas esixiu a súa liberdade,<ref name="Público2">{{cita web |apelidos= Martiño|nome=Henrique|url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-matrimonio-lesbianas-gay.html | título = Marcela y Elisa, las únicas lesbianas que se casaron por la Iglesia | obra = Público |data= 22 de outubro de 2016 |dataacceso= 17 de xullo de 2018 |lingua= es}}</ref> realizándose ademais varias colectas públicas para axudalas economicamente. Entre tanto, Elisa xuraba que era un home para xustificar a situación. Porén, os dous médicos que a recoñeceron concluíron que o seu sexo era feminino e foi obrigada a vestirse de muller.<ref name="ElPaís3">{{cita web | apelidos= Ramírez|nome=Cristóbal |data= 14 de marzo de 2010 | url = http://www.elpais.com/articulo/portada/Marcela/Elisa/casadas/1901/elpepusoceps/20100314elpepspor_4/Tes | título = Marcela y Elisa, casadas en 1901 | obra = El País |dataacceso = 17 de xullo de 2018 |lingua= es}}</ref> A pesar do rebumbio, a administración española solicitou a extradición da parella e Portugal aceptouna. Non obstante, antes de ser enviadas a España, foron xulgadas e absoltas polos delitos que se lles imputaban nese país.<ref name="BBC"/>
 
37.998

edicións