Pantaleón de Nicomedia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Pantaleón (mártir)"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2018 ás 14:40

Pantaleón foi un mártir cristián, nado en Nicomedia a finais do século III. TraxectoriaEra fillo de Eustorxio e Eucuba e foi médico coma  seu pai. O seu nome, en grego, significa: “O que se compadece de todos” (Παντελεήμων, Panteleímon). É un dos catorce santos auxiliadores.

Estudou filosofía e retórica e logo exerceu como doutor. Chegou a ser o médico persoal do emperador Galerio Maximiano e foi perseguido por Diocleciano en 303. Tras ser torturado con reiteración, morreu. Segundo a tradición cristiá escabezárono baixo unha figueira seca, que floreceu ao recibir o seu sangue .[1]

Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca.

É avogoso dos que teñen dores de cabeza, dos tuberculosos e da praga de lagosta

Os catorce santos auxiliadores.

Referencias

  1. Alfonso María de Ligorio: Obras Completas (en inglés, traducido del italiano), volumen IX: “Victorias de los mártires”, capítulo LXXIV: “Los santos Hermolao, sacerdote, y Pantaleón, médico”, editado por el reverendo Eugene Grimm, tirado simultáneamente por los talleres de los hermanos Benziger en Nueva York, Cincinnati y Chicago, el taller de R. Washbourne en Londres y el de M. H. Gill & Son, en Dublín, 1888, pp. 308 y ss.