Jean Calvin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Polo modelo Biografía
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Nun primeiro momento Calvino realizou estudos eclesiásticos no College de la Marche e no College de Montaigne, e máis tarde seguindo os desexos do seu pai estudou Dereito e Humanidades na [[Universidade de París]] doutorándose en [[Orleáns]] no 1532 á idade de 23 anos. Na universidade Calvino entrou en contacto coas obras de [[Erasmo]], [[Martiño Lutero|Lutero]] e outros pensadores heterodoxos, ademais de participar no ambiente cada vez máis crítico e reformador que respiraron as universidades de comezos do [[século XVI]], situación que o levou dende cedo a unha rotura coa [[Igrexa Católicacatólica]] e un pensamento teolóxico protestante. Por mor da súa posición relixiosa [[protestantismo|evanxélica]] abandonará a Universidade (no 1535) e adicarase a viaxar por toda Francia participando en disertacións, estudando e escribindo, non sen atopar certa resistencia das autoridades eclesiásticas das que se ve obrigado a agocharse. No 1536 publicará o seu primeiro esbozo da "[[Institución da Relixión Cristiana]]<ref>[http://www.iglesiareformada.com/Calvino_Institucion.html Institución de la Religión Cristiana (Obra en castelán)]</ref>" no que compendia as bases da [[cristianismo|fe cristiá]] e polemiza contra o que consideraba falsas doutrinas e abusos da Igrexa Católica.
 
=== Primeira etapa na reforma suíza ===