Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 63:
 
=== O xurdimento do nacionalismo ===
Logo veu un século de revoltas políticas. [[Daniel O'Connell]] axudou a conseguir a emancipación do [[católica|catolicismo]] en [[1829]] e, xa que se desenvolveu unha clase media católica, Dublín comezou a converterse nunha [[cidade]] irlandesa distinta. A cidade logrou escapar ós peores efectos da "[[epidemia da pataca]]" que decimou a unha boa parte de [[Irlanda]] na [[década]] de [[1840]] e axiña se espallou grazas ós inmigrantes que afluían do [[rural]] circundante. No entanto, o efecto da [[epidemia]] no campo en conxunto foi devastador: dunha poboación total de oito millóns e medio, aproximadamente un millón morreron de inanición e emigraron arredor dun millón e medio, principalmente a [[Gran Bretaña]] e [[Norteamérica]]. A epidemia serviu para aumentar os sentimentos antibritánicos e unha abortada rebelión por parte da ''Irish Republican Brotherhood'' (Irmandade republicana irlandesa) en [[1868]] levou a esixir o ''Irish home rule'' ([[Dereito]] civil irlandés).
O caso da [[autogoberno|autonomía]] irlandesa foi levado ó parlamento inglés de Westminster polo líder protestante [[Charles Stewart Parnell]]. Porén, Parnell morreu en [[1891]], pero o seu lugar político foi ocupado por dous movementos culturais: a ''Gaelic League'' (Unión gaélica), que se estableceu para revitalizar a [[lingua irlandesa]], e o rexurdimento literario irlandés. [[William Butler Yeats]] desenvolveu un papel central na reconstitución do orgullo nacional coa fundación do ''Abbey Theatre'' (Teatro Abbey) en [[1904]], dando prominencia a dramaturgos coma [[Sean O'Casey]] e [[J. M. Singe]]. Este [[nacionalismo]] cultural desembarcou nun nacionalismo político coa creación do ''[[Sinn Féin]]'' ("Nós mesmos"), un movemento político que avogaba polo boicot do parlamento inglés. Co [[Reino Unido]] ocupado na [[Primeira Guerra Mundial]], o [[Sinn Féin]] organizou a ocupación de varios edificios estratéxicos por todo Dublín, e declarou a [[República de Irlanda]] dende a súa sede central na ''General Post Office'' (Oficina central de correos) o [[luns]] de Pascua de [[1916]].