Joan-Geraud Dastròs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 4:
==A súa obra==
 
Dastròs é o autor de ''Trimfe de la lengua gascoa'' ("TriúnfoTriunfo da lingua gascona", [[1642]]), un poema escrito en versos [[octosílabo]]s e publicado en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] por '''J. Bondò'''. É unha escola de dúas obras en verso. En primeiro lugar, o «Trimfe», que é un debate entre as estacións do ano, no que cada unha defende o seu valor sobre as demais. En segundo lugar, o «Plaidejat deus elements», onde lles toca a vez do debate ao lume, ao aire, á auga e á terra.
 
O poeta sempre se considerou defensor da [[lingua gascoa]] ([[dialecto]] do [[lingua occitana|occitano]], lingua naquela altura fragmentada e sen que os seus falantes tivesen clara conciencia de unidade). Dastròs deféndea vigorosamente contra aqueles que senten vergoña dela: «''Torna, torna, fray, e demòra; / N'ajas honta d'augir ton fray / Parlar la lengua de ta may''» (''Regresa, regresa, irmán, e detende; / Non teñas vergoña de ouvir o teu irmán / Falar a lingua da túa mai'').