Diferenzas entre revisións de «Benigno Andrade García»
nome dos pais
(xuizo) |
(nome dos pais) |
||
}}
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz. Foucellas tiña dous irmáns. Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous con María Novo: Benigno e Carmen.<ref>{{cita web|url=http://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com/2014/04/memorial-democratico-andrade.html|título=Memorial democrático [ANDRADE]}}</ref> Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil.
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>Redondo Abal, F. X. (2006): ''Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)''. Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>. Foi condeado en [[consello de guerra sumarísimo]] a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de [[Francisco Franco|Franco]], [[Carmen Franco]]. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a [[guerra civil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado|Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en [[Galicia]]. O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel López Bello, en Curtis. Días despois Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo acabalo
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en [[Valladolid]], a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref> Con 16 anos trala morte da súa aboa exilouse en París.
|