Diferenzas entre revisións de «Benigno Andrade García»

ampliación
(guerra civil)
(ampliación)
}}
 
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido nosno lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil. TiñaFoucellas parellatiña edous erairmáns. paiEstaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española. Tiveron dous fillos: Pepiña e Sergio.
 
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>Redondo Abal, F. X. (2006): ''Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)''. Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>. Foi condeado a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de [[Francisco Franco|Franco]], [[Carmen Franco]]. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".
Nacido no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], do que tomou o alcume, na parroquia de [[Cabrui, Mesía|Cabrui]], [[Mesía]]. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería<ref>http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular</ref> e na madereira Torres de [[Curtis]]. Máis tarde trasladouse a [[León, España|León]] para traballar nas minas de carbón de Fabero, [[Ponferrada]].
 
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en [[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]], nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.
 
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a [[guerra civil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
 
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado|Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en [[Galicia]]. CoaEn 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel Bello, en Curtis. Foucellas resulta ferido coa súa propia arma, éindo feridoacabalo en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]] ver o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para [[Pontevedra]], para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da [[Garda Civil|Garda Civi]]<nowiki/>l tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
 
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. Cando morreu aA súa muller, a súa filla tiña doce anos, e a súa tía -que se facía cargo dela- foron encadeadas logo de que se llelles atopase unha carta de Foucellas. PepiñaCando colleumorreu oa trensúa muller desterrada en [[Valladolid]], a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref> Con 16 anos trala morte da súa aboa exilouse en París.
 
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.]]
A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.
 
A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do [[Museo Militar Rexional da Coruña]], onde se expón o seu fusil.
 
== Notas ==
|File:Homenaxe a Foucellas A Costa A Regueira Oza Cesuras A Coruña.jpg|Homenaxe a Foucellas na Costa.
|File:Museo das mariñas Betanzos.jpg|Cuartel da Garda Civil en Betanzos, actualmente Museo das Mariñas.
|File:Célula Comunista de Curtis Foucellas.jpg|Casa de Manuel Calvelo e Isabel Ríos en Curtis.
}}
 
Usuario anónimo