Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Galicia, ao igual ca outros territorios da [[Península Ibérica]], tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade [[xudeu|xudía]], principalmente na zona de [[Ribadavia]] e [[Ourense]].{{Cómpre referencia}} Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as [[Illas Británicas]] e dende o centro de Europa, grazas ao [[Camiño de Santiago]].
 
Cultural e lingüisticamente as comarcas españolas do [[Bierzo]] ([[Castela e León]]) e o [[Terra Eo-Navia|Eo-Navia]] ([[Asturias]]) son análogas a Galicia.{{Cómpre referencia}} Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de [[Tras os Montes|Tras-os-Montes]] e [[Baixo Minho]] na música, nos costumes e nas tradicións.
 
A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa.
Usuario anónimo