Estesícoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Bibliografía: outros artigos
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 23:
* ''Nostoi'': relatos de viaxeiros que regresan ao fogar.
* ''Orestíada'', cuxo contido trataba do soño de [[Clitemnestra]], da intervención da [[ama de cría]] de [[Orestes]] e de como as [[Erinias]] perseguían ao personaxe que dá título á obra.
* ''Erífile'', obra relacionada co ''[[Ciclo tebano]]'' que trata da vinganza dos fillos d[[Os sete contra Tebas|os sete]] que se enfrontaron con [[Tebas, Grecia|Tebas]] e perderon, da infiel [[Erífile]], que traizoou ao seu esposo [[Anfiarao]] e da vinganza do seu fillo [[Alcmeón (fillo de Anfiarao)|Alcmeón]].
* ''Xogos fúnebres en honor de [[Pelias]]'', da lenda [[tesalia]]. Son [[Xogos fúnebres|xogos]] nos que participan moitos dos [[heroe]]s de Grecia. Na obra trátanse temas moi comúns na antiga poesía, aparecen os [[Dióscuros]] e os cazadores do [[Xabarín de Calidón]], cóntase como mata ao xabarín [[Meleagro]] e como mata tamén aos seus dous tíos polos refugallos da presa.
* ''Xerioneida'', de polo menos 1.300 versos, sobre a fazaña de [[Heracles]] co xigante de tres corpos [[Xerión]], que se conserva ademais resumido na ''[[Biblioteca mitolóxica]]'' do Pseudo-[[Apolodoro de Atenas|Apolodoro]];