Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 388:
Por convenio astronómico, as catro estacións están determinadas por [[solsticio]]s (puntos da órbita nos que o eixe de rotación terrestre alcanza a máxima inclinación cara ao Sol —solsticio de verán— ou cara ao lado oposto —solsticio de inverno—) e por [[equinoccio]]s, cando a inclinación do eixe terrestre é perpendicular ao Sol. No hemisferio norte, o [[Solsticio#O solsticio de decembro|solsticio de inverno]] prodúcese ao redor do 21 de decembro, o [[Solsticio#O solsticio de xu.C3.B1o|solsticio de verán]] o 21 de xuño, o [[Equinoccio#Caracter.C3.ADsticas|equinoccio de primavera]] o 20 de marzo e o [[Equinoccio#Caracter.C3.ADsticas|equinoccio de outono]] o 23 de setembro. No hemisferio sur a situación invértese, co verán e os solsticios de inverno en datas contrarias á do hemisferio norte. De igual xeito sucede co equinoccio de primavera e de outono.<ref name="bromberg2008"/>
 
O [[ángulo]] de inclinación da Terra é relativamente estable durante longos períodos de tempo. Con todo, a inclinación sométese a [[nutación]]s; un lixeiro movemento irregular, cun período de 18,6 anos. A orientación (en lugar do ángulo) do eixe da Terra tamén cambia co tempo, [[Precesión|precesando]] un círculo completo en cada ciclo de 25 &nbsp;800 anos. Esta precesión é a razón da diferenza entre o ano sideral e o [[ano tropical]]. Ambos os movementos son causados pola atracción variante do Sol e a Lúa sobre o avultamento ecuatorial da Terra. Desde a perspectiva da Terra, os polos tamén migran uns poucos metros sobre a superficie. Este [[movemento polar]] ten varios compoñentes cíclicos, que en conxunto reciben o nome de [[movemento cuasiperiódico|movementos cuasiperiódicos]]. Ademais do compoñente anual deste movemento, existe outro movemento con ciclos de 14 meses chamado o [[bamboleo de Chandler]]. A velocidade de rotación da Terra tamén varía nun fenómeno coñecido como variación de duración do día.<ref name="fisher19960205"/>
 
En tempos modernos, o [[perihelio]] da Terra prodúcese ao redor do 3 de xaneiro e o [[afelio]] ao redor do 4 de xullo. Con todo, estas datas cambian co tempo debido á [[Movementos da Terra#Movemento de precesión|precesión]] orbital e outros factores, que seguen patróns cíclicos coñecidos como [[variacións orbitais|ciclos de Milankovitch]]. A variación da distancia entre a Terra e o Sol da como resultado un aumento de ao redor do 6,9%<ref name="solar_energy group=nota">O afelio ten o 103,4% da distancia do perihelio. Debido á lei do cadrado inverso, a radiación no perihelio é ao redor do 106,9% da enerxía no afelio.</ref> da enerxía solar que chega á Terra no perihelio en relación co afelio. Posto que o hemisferio sur está inclinado cara ao Sol no momento en que a Terra alcanza a máxima aproximación ao Sol, ao longo do ano o hemisferio sur recibe algo máis de enerxía do Sol que o hemisferio norte. Con todo, este efecto é moito menos importante que o cambio total de enerxía debido á inclinación do eixe, e a maior parte deste exceso de enerxía é absorbido pola superficie oceánica, que se estende en maior proporción no hemisferio sur.<ref name="williams20051230"/>