Abrir o menú principal

Cambios

 
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
 
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. Cando morreu a súa muller a súa filla tiña doce anos sendo encadeada a súa tía que se facía cargo dela por térselle atopado unha carta de Foucellas. Pepiña colleu o tren en Curtis e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que la deixase a Garda Civil de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref>
 
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.]]
Usuario anónimo