Río Indo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 18:
A lonxitude total do río é de 3.180 km, sendo o río máis longo de Paquistán. Drena unha gran [[conca fluvial|conca]] de máis de 1.165.000 km² e ten un caudal anual estimado nuns 207 km³, o que o converten no 21º máis caudaloso do mundo. Nace nos [[glaciar]]es máis altos do mundo, o río alimenta un ecosistema de [[bosque]]s temperados, chairas e paisaxes áridos. Xunto cos ríos [[río Jhelum|Jhelum]], [[río Chenab|Chenab]], [[río Ravi|Ravi]], [[río Sutlej|Sutlej]], [[río Beas|Beas]] e dous afluentes desde a [[Khyber Pakhtunkhwa]] e [[Afganistán]], o Indo forma o delta do Indo de Paquistán, mencionado no ''[[Rigveda]]'' (o texto máis antigo da India, de mediados do [[II milenio a. C.]]) como ''[[Sete ríos sagrados|Sapta Sindhu]]'' e no texto iranio ''[[Avesta|Zend Avesta]]'' como [[Hapta Hindu]] (significando ambos términos, "sete ríos).
 
O río Indo proporciona os [[recursos hídricos]] clave para a [[economía de Paquistán]] -especialmente o ''celeiro'' da [[Punjab, Paquistán|provincia de Punjab]], que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os ''cinco ríos'' que dan nome ao Punjab son o [[río Jhelum|Jhelum]], [[río Chenab|Chenab]], o [[río Ravi|Ravi]], o [[río Beas|Beas]] e o [[río Sutlej|Sutlej]].
 
Antes da división en 1947 da antiga India nos modernos estados da India e Paquistán, o Indo era o segundo río en importancia da rexión, despois do [[río Ganxes]], tanto en termos culturais como comerciais. Na actualidade o río tamén dá nome á provincia paquistaní de Sind.