Diferenzas entre revisións de «Decretos de Nueva Planta»

m
sen resumo de edición
m
O decreto de Nueva Planta do [[Reino de Valencia]] e [[Reino de Aragón|Aragón]] significou a fin de todo o sistema lexislativo e político valenciano e aragonés: os [[foros de València]] e de [[foros de Aragón|Aragón]] e as [[Cortes Valencianas]] e as de [[Cortes de Aragón|Aragón]] foron substituídos polas leis e o réxime político de Castela. Os funcionarios empezáronse a nomear dende [[Madrid]], o valenciano foi prohibido como lingua da administración, do ensino e da predicación. A diferenza doutros territorios da Coroa de Aragón, no caso valenciano, aboliuse mesmo o dereito civil. Aragón tamén perdeu as súas leis e a lingua. Naquel momento o [[lingua aragonesa|aragonés]] xa se encontraba nun adiantado proceso de asimilación polo castelán na parte sur do reino e nas bisbarras interiores do País Valencià, ata entón de fala aragonesa.
 
[[Ficheiro:Cortes Catalanas.jpg|miniatura|dereita|[[Cortes CatalanasCatalás]] nunha miniatura dun incunable do século XV.]]
 
O Estado Central organizouse en [[provincia]]s gobernadas por un [[Capitán Xeneral]] e unha audiencia, encargados da administración. Para a administración económica e financeira establecéronse as [[intendencias provinciais]], seguindo o modelo francés, que levaron consigo a aparición da figura dos [[intendente]]s.
44.105

edicións