Fariña (serie de televisión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 50:
Ambientado na Galicia dos [[década de 1980|anos 80]], moitos pescadores galegos atópanse cheos de débedas e sen un posto de traballo. [[Sito Miñanco]] é un pescador con habelencia manexando a lancha que comeza no [[contrabando]] de [[tabaco]] da man de Terito (Vicente Otero Pérez), o xefe dos clans da [[ría de Arousa]]. Despois, estabelécese pola súa conta con outros compañeiros. Porén, a escaseza económica fará que aqueles que traficaban con tabaco aproveiten para intentar expandir o seu negocio a un máis perigoso: as drogas.
 
Entre os diferentes clans de contrabando coméntase a posibilidade de empezar co [[Narcotráfico|tráfico]] de [[haxix]], droga que o fillo de Manuel Bustelo xa distribúe pola zona. [[Laureano Oubiña]] e outros clans son partidarios, mais Terito oponse. Máis tarde, nunha viaxe a [[Panamá]] para [[Lavado de cartos|blanquear cartos]], Sito Miñanco contacta con traficantes de [[cocaína]] para desembarcala en [[Galicia]]. Deste xeito, pasará ao negocio do narcotráfico na costa galega, onde os que se encargan do tráfico na zona, contactarán cos líderes dos carteles colombianos.<ref>{{cita web|url=https://www.independent.co.uk/news/world/cocaine-fleets-bring-wealth-and-death-to-the-end-of-the-earth-1353969.html|título=Cocaine fleets bring wealth and death to the end of the earth|editor=The Independent|dataacceso=26 de decembro de 2014}}</ref> Coa expansión do negocio, o 80% da droga europea desembarcará nas praias galegas.
 
Pola súa parte, os fillos de Manuel Charlín van tras Cándido Silva para reclamarlle os cartos roubados. Para atrapalo contan coa axuda do [[garda civil]] Montáñez e de Pilar Charlín. Silva recibe unha malleira, pero logra escapar e entrégase ó sarxento Darío Castro para denunciar ós Charlín.