Robert Morton Nance: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:The_Death_of_King_Arthur.jpg|dereita|miniatura|''A morte do rei Artur'' de James Archer (1823-1904).]]
Naceu en [[Gales]] de pais córnicos e en 1878 a súa familia transladouse a Penarth. Estudou arte na Cardiff School of Art e en Bushey con Hubert von Herkomer. En 1898 publicou o seu primeiro libro de poesía en [[Lingua inglesa|inglés]] ''The Merry Ballad of the Cornish Pasty''. Logo da morte da súa muller en 1902 viviu un tempo en París perfeccionando a súa técnica. Pintou sobre todo estudos de batallas navais, pero raramente expuxo a súa obra <ref>[https://cornwallartists.org/cornwall-artists/robert-morton-nance "Robert Morton Nance"] Cornwall Artists Index</ref>. Mudouse en 1906 a [[Cornualles]] establecéndose na aldea de Nancledra, preto de St Ives Fundou en 1920 co seu mestre [[Henry Jenner]] a Old Cornwall Society en St Ives, e en 1924 foi un dos fundadores da Federation of Old Cornwall Societiese e do seu órgano ''Old Cornwall'' (1925). En 1928 instituíu en Boscawen-Un o ''Gorsedh Kernow'', o festival da lingua córnica, e alí adoptou como [[Bardo]], o [[Pseudónimo|pseudónimo]] ''"Mordon"'' . De 1951 a 1955 foi presidente da Royal Institution of Cornwall.
 
Escribiu diversos libros sobre a lingua córnica. En 1929 publicou ''Cornish for All'', un método para a aprendizaxe da lingua segundo o modelo do córnico unificado, da súa creación, afastándose do modelo de Henry Jenner. O seu sistema supuxo unha nova xeira no proceso de revitalización da lingua, ao aplicarse a súa ortografía á lingua falada<ref>Mari C. Jones (1998) ''Language Obsolescence and Revitalization: Linguistic Change in Two Sociolinguistically Contrasting Welsh Communities'' Clarendon Press, p. 339</ref>. Pero a súa principal realización foi o dicionario córnico, que aínda se considera un instrumento fundamental para o coñecemento do idioma. Compuxo moitos versos en córnico, como ''Lyver an Pymp Marthus Seleven'' (1939) e ''Nyns Yu Marow Myghtern Arthur'', unha obra de carácter especificamente revivalista, no que tratou o tema, moi popular en Cornualles, da lendaria inmortalidade do [[rei Artur]].
 
Tamén foi un arqueólogo mariño, un dos fundadores da Society for Nautical Research en 1911 e publicou en 1924 o libro '' Sailing-Ship Models''. 
Liña 26:
{{Listaref}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Nance, Robert Morton}}
[[Categoría:Finados en 1959]]