Oroxenia alpina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{Cite journal → {{Cita publicación periódica (3)
Liña 3:
A '''oroxenia alpina'''<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=47 oroxenia]</ref><ref>BUSCAtermos [https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#90802942 oroxenia alpina]</ref> ou '''oroxénese alpina''' (ás veces tamén se usa o termo '''oroxenia alpídica''' ou ciclo alpídico cun significado máis xeral e xeograficamente menos concreto<ref>Francisco Anguita Virella. Origen e historia de la Tierra. Editorial Rueda. . 1988. Páxina 452 e ss. ISBN 84-7207-052-2.</ref>) é un proceso [[oroxenia|oroxénico]] (de formación de montañas) que tivo lugar no [[Mesozoico]] tardío (Eoalpino) e [[Cenozoico]], causado polo choque de continentes do sur contra o que eran a Europa e Asia orixinais.<ref>Moores, E.M., Fairbridge, R.W. (Editors), 1998: ''Encyclopedia of European and Asian Regional Geology.'' Encyclopedia of Earth Sciences Series, London, 825 pp.</ref> Como resultado formáronse as montañas do chamado [[cinto alpídico]], que vai desde a península Ibérica a Indochina. Entre as montañas formadas neste cinto están, de oeste a leste, os [[Montes Atlas|Atlas]], o [[Rif]], a [[cordilleira Penibética]], a [[cordilleira Cantábrica]], os [[Pireneos]], os [[Alpes]] (que lle dan o nome á oroxenia), os [[Apeninos]], os [[Alpes Dináricos]], as montañas [[cordilleira do Pindo|Helénicas]] (Helénidas), os [[Cárpatos]], as montañas dos [[cordilleira dos Balcáns|Balcáns]], os [[Montes Taurus]], a [[meseta Armenia]], os montes do [[Cáucaso]], os [[Montes Elburz]], os [[Montes Zagros]], o [[Hindu Kush]], os [[cordilleira do Pamir]], o [[Karakorum]] e os [[Himalaias]].<ref>Worldatlas [https://www.worldatlas.com/articles/what-is-the-alpide-belt.html What is the Alpide belt?]</ref> Con frecuencia utilízanse nomes específicos para a oroxenia que afectou á formación de cadeas montañosas concretas, como, por exemplo: [[oroxenia Carpatiana]] para os Cárpatos, oroxenia helénica para os montes Helénicos ou oroxenia do Himalaia para os Himalaias.
 
A oroxenia alpina ademais da formación do cinto de montañas mencionado, influíu tamén en zonas relativamente afastadas, creando unha serie de características relevantes. Por exemplo as [[Montañas de Galicia|montañas galegas]] e outras do [[macizo Ibérico|macizo Hercínico]], que son de orixe [[oroxénese herciniana|herciniana]] e estaban xa moi erosionadas, foron voltas a elevar polos empurróns alpinos, que reactivaron as fallas e orixinaron [[macizo tectónico|macizos tectónicos]]. Tamén influíu en zonas de Inglaterra e Francia, por exemplo no [[anticlinal de Weald-Artois]].<ref>{{CiteCita journalpublicación periódica|last=Mansy|first=J.L. |title=Dynamics and inversion of the Mesozoic Basin of the Weald–Boulonnais area: role of basement reactivation|journal=GTectonophysics|year=2003|volume=373|pages=161–179|doi=10.1016/S0040-1951(03)00289-0|bibcode=2003Tectp.373..161M}}</ref> As tensións creadas pola oroxenia alpina causaron unha maior elevación no Cenozoico das montañas dos [[Sudetes]]<ref name=Piotr2011>{{citeCita journalpublicación periódica |last1=Migoń |first1=Piotr |author-link=Piotr Migoń |date=2011 |title=Geomorphic Diversity of the Sudetes - Effects of the structure and global change superimposed |url= |journal=[[Geographia Polonica]] |volume=2 |issue= |pages=93–105 |doi= |access-date=December 5, 2017}}</ref> e posiblemente a existencia de rochas falladas en [[Öland]] no sur de Suecia durante o [[Paleoceno]].<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |authors=Goodfellow B.W., Viola G., Bingen B.,Nuriel P., Kylander-Clark A.|date=2017 |title=Palaeocene faulting in SE Sweden from U–Pb dating of slickenfibre calcite |url= |journal=[[Terra Nova (xornal)|Terra Nova]] |volume=00 |issue= |pages=1–8 |doi=10.1111/ter.12280 |access-date=January 3, 2018 }}</ref>
 
A oroxenia alpina foi causada polo choque dos continentes do sur como [[África]] e [[India]] e a pequena [[placa de Cimeria]] e outras pequenas placas e microplacas contra [[Eurasia]], que estaba máis ao norte. Os movementos [[bordo converxente|converxentes]] entre estas [[placa tectónica|placas]] empezaron xa a inicios do [[Cretáceo]], pero as fases maiores de formación de montañas empezaron do [[Paleoceno]] ao [[Eoceno]]. O proceso non rematou, xa que continúa aínda hoxe nalgunhas cordilleiras alpídicas.