Antonio Buero Vallejo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Inclusión de filmografía e características dos personaxes.
Liña 5:
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia de clase media, estudou na súa cidade natal ata que a súa familia marcha a [[Madrid]] en [[1934]] e Buero matricúlase na [[Academia de Belas Artes de San Fernando]]. Na [[guerra civil española]] loitou nun batallón de infantería e tras ela foi condenado a morte, conmutada logo de oito meses. En [[1946]] obtén a liberdade e retoma a súa carreira pictórica, que queda definitivamente interrompida tras conseguir o [[Premio Lope de Vega]] por ''Historia de una escalera'', obra clave do teatro de posguerra en España polo que supuxo de renovación. Adaptou ao castelán a [[William Shakespeare|Shakespeare]], [[Henrik Ibsen]] e [[Bertolt Brecht]]. En [[1959]] casou coa actriz [[Victoria Rodríguez]]. En [[1963]] recibe autorización para saír ao estranxeiro e dará unha serie de conferencias en diversas cidades nos anos seguintes. Elixido membro da [[Real Academia Española]] en [[1971]]. [[Premio Cervantes]] en [[1986]].
 
== Personaxes ==
Poderíase dicir que os personaxes de Vallejo soen coincidir coas seguintes características:
 
* Presentan algunha tara física ou psíquica.
* Non se reducen a sinxelos esquemas ou símbolos.
* Son personaxes complexos que experimentan un proceso de transformación ao longo da obra.
* A crítica distíngueos entre personaxes activos e contemplativos. Os primeiros carecen de escrúpulos e actúan movidos polo egoísmo ou polos seus baixos instintos. Chegado o caso, non dubidan en ser crueis ou violentos se dese xeito conseguen os seus obxetivos. Non son personaxes malos; a distinción entre bos e malos non ten oco no teatro de Buero. Os contemplativos síntense angustiados. O mundo no que viven é demasiado pequeno. Móvense nun universo pechado á esperanza. Ainda sendo conscientes das súas limitacións, soñan cun imposible, e atópanse irremediablemente destinados ao fracaso. Nunca ven materializados os seus desexos.
 
== Obras ==
Liña 34 ⟶ 42:
* ''Las trampas del azar'' ([[1994]])
* ''Misión al pueblo desierto'' ([[1999]])
 
== Filmografía ==
'''Películas basadas nas obras:'''
 
* ''Historia de una escalera'', dirixida por '''Ignacio F. Iquino''' (1950)
* ''En la ardiente oscuridad'', dirixida en Arxentina por '''Daniel Tinayre''' (1959)
* ''Esquilache'', dirixida en España por '''Josefina Molina'''<ref>https://www.filmaffinity.com/es/film991284.html</ref> (1989)
 
{{Control de autoridades}}