Estadio Central de Ekaterimburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Coordenadas|56|49|56|N|60|34|25|E|display=title}} {{Estadio |nome = Estadio Central de Ekaterimburgo |alcume = |nomes_antigos = |imaxe = Ficheiro:Estadio Central (Ekaterinbu..."
 
Sen resumo de edición
Liña 24:
== Historia ==
O Estadio Central foi construído en 1957. Nesa zona da cidade xa existiran outras instalacións deportivas dende o ano 1900 como: o Velódromo, o Estadio Rexional... Neses primeiros anos trala súa construción converteuse nun dos escenarios de [[Patinaxe|patinaxe de velocidade sobre xeo]] máis importantes de todo mundo. Acolleu os Campionatos do Mundo desa especialidade en 1959, así como numerosos campionatos da [[Unión Soviética]] (1958, 1962, 1964 e 1966). Nesas competicións chegaron a baterse récord mundiais. O estadio tamén chegou a albergar en varias ocasións a [[Espartaquiada]] e moitas outras competicións rusas e internacionais.
 
[[Ficheiro:EstadioCentral2017-01-26.jpg|miniatura|esquerda|250px|Reconstrución en xaneiro de 2017.]]
 
Xa no [[século XXI]], a construción sufriu duás remodelacións. Entre setembro de 2006 e 2011 deuse a primeira delas. Tras coñecerse que fora elixido sede para o [[Mundial de Fútbol Rusia 2018]], en 2015 iniciouse unha importante reconstrución e modernización do estadio. As esixencias da [[FIFA]] sobre o aforo mínimo de 35.000 espectadores para que unha instalación poida albergar partidos dun Mundial, fixo necesaria a colocación de gradas temporais no estadio durante o evento. Estas levantaronse nas tribunas leste e oeste, que sumaron un 30% do número de gradas coas que contaba o estadio. Ademais, con esta reconstrución dotouse de altos niveis de servizos e seguridade ao edificio.