Carles Puigdemont: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Detención e posta en liberdade en Alemaña: como vai habendo máis datos, o título queda curto. Paso a xenérico (Peripo alemán)
→‎Periplo alemán: xuizo pendente
Liña 103:
 
=== Periplo alemán ===
O 25 de marzo de 2018 a policía alemá, en coordinación loxística co [[Centro Nacional de Intelixencia]],​ detivo a Puigdemont nunha gasolineira do Estado federado alemán de [[Schleswig-Holstein]], tras cruzar a fronteira entre [[Dinamarca]] e [[Alemaña]] en coche por onde volvía a [[Bélxica]] de dar unha conferencia en [[Finlandia]]. Quedou en situación de «arresto provisional»,​ e ingresou na prisión de [[Neumünster]].​ O 5 de abril de 2018 a xustiza alemá deixouno en [[liberdade]] baixo fianza de 75.000 euros mentres decidía sobre a extradición a España.​ O tribunal de Schleswig-Holstein rexeitou o delito de [[rebelión]] e non apreciou a consumación do delito de alta traizón segundo a lexislación alemá. A orde europea de detención e entrega de Puigdemont continuaba vixente a mediados de 2018 por delitos como malversación. En xullo de 2018 os tribunais de Schleswig-Holstein decidiron por unha banda rexeitar o delito de rebelión<ref>[https://www.elperiodico.cat/ca/opinio/20180712/editorial-alemanya-tomba-el-delicte-de-rebellio-de-puigdemont-6940010 ''Alemanya tomba el delicte de rebel·lió de Puigdemont''], ''[[El Periódico]]'', [[12 de xullo]] de [[2018]] {{ca}}.</ref> do que o acusaba a xustiza española e pola outra aceptar a extradición do mandatario a España pola en base a unpolo posible delito de malversación.<ref>{{Cita web|url=https://www.elperiodico.com/es/politica/20180712/justicia-alemana-extraditar-puigdemont-solo-malversacion-6938615|título=La justicia de Alemania decide extraditar a Puigdemont solo por malversación}}</ref> O 19 de xullo de 2018 o xuíz Llarena renunciou a aceptar a extradición só polo delito de malversación ao consideralo inxusto cos outros procesados<ref>{{Cita web|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/internacional/llarena-renuncia-extradicion-puigdemont-limitada-alemana-ao-delito-malversacion/20180719133733070790.html|título=Llarena renuncia á extradición de Puigdemont após ser limitada por Alemaña ao delito de malversación}}</ref>
 
===Suspensión no cargo===