Éuscaro no sistema educativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m +control autoridades using AWB
Liña 1:
O recoñecemento que outorgan as institucións cara ao [[éuscaro]] varía dunha comunidade a outra, no [[País Vasco]] é oficial en todo o territorio mentres que en [[Navarra]] só na zona vascófona e mixta; este feito creou distintas formas no sistema educativo.
 
==Modelos educativos do País Vasco==
Liña 5:
*'''Modelo B''': unha parte das materias en éuscaro e a outra parte en castelán.
*'''Modelo D''': todas as materias en éuscaro excepto a de lingua castelá.
*'''Modelo X''' : todas as materias en castelán sen materia de éuscaro.
 
Os datos oficiais do curso 2006-2007 dan un total dun 22,4% para o modelo A (maioritariamente en castelán), un 23,3% para o B e un 54,2 para o D (integramente en éuscaro).[http://www.creade.org/mecd/estadisticas/educativas/cee/2006A/E1.pdf Pág 9 ''Táboa E1.7. Distribución porcentual do alumnado do País Vasco por modelo lingüístico en que cursa o ensino''][http://www.diariovasco.com/prensa/20070307/aldia/solo-colegios-guipuzcoanos-mantienen_20070307.html]
 
Segundo datos oficiais, no ámbito da educación infantil para o curso [[2006]] - [[2007]], o 68% das matriculacións foron para cursar en éuscaro, o 25% en bilingüe mentres que un 5,2% o foron para cursar en castelán.
 
En canto a todos os cursos de educación obrigatoria (datos de 2006), as matriculacións realizadas, o 52,3% das matriculacións foron no modelo ''D'', é dicir, integramente en éuscaro, o 23,4% en bilingüe mentres que no modelo ''A'', en castelán coa materia de éuscaro, inscribíronse o 24,4% dos alumnos vascos. En canto ao modelo X, a oferta redúcese soamente a zonas de [[Biscaia]] non alcanza o 1% do alumnado do territorio .
Liña 15:
En canto a idades máis temperás, en garderías chégase ao 90% no modelo D (todo en éuscaro) en cambio en bacharelato, un 53,7% faio no modelo ''A'' relegando o modelo ''D'' ao 44,1% do total.
 
Na [[Formación profesional]], os últimos datos reflicten que tan só un 13,3% do alumnado cursa ciclos formativos totalmente en éuscaro. No campo universitario público, só un 21% do alumnado imparte algunha materia en éuscaro.
 
Durante o [[2005]] realizáronse diversos debates do modelo de ensino ''D'' posto que; polo menos un 30% dos alumnos deste modelo, en 4º de [[ESO]], non conseguen ter o dominio suficiente do éuscaro para obter un certificado de calidade no idioma.
 
===Por territorios===
Liña 31:
 
==Ensino no País Vasco Francés==
No [[País Vasco Francés]], os alumnos matriculados en ensino vasco para o ano [[2006]] son o 15,9% do alumnado. Hai que ter en conta que o éuscaro carece de oficialidade no estado [[Francia|francés]] e o ensino en éuscaro soamente impártese en [[ikastola]]s (escola que ten por misión a promoción dunha escola vascófona), centros educativos que non reciben subvención algunha por parte das institucións [[Francia|galas]].
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.mec.es/cesces/1.12.e.htm As linguas españolas no sistema educativo], na web do Consello Escolar do Estado.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Lingua éuscara]]