Veterinaria: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Ligazóns externas: +control autoridades using AWB |
m →Outros artigos: +control autoridades using AWB |
||
Liña 1:
{{fusión|Veterinaria}}
[[Ficheiro:
O '''veterinario''' é, segundo a [[Real Academia Galega]], a persoa que se acha legalmente autorizada para profesar e exercer a [[veterinaria]].
O Médico Veterinario xa non se restrinxe á área da saúde animal, o seu campo é máis amplo que o estudo, diagnóstico e tratamento das enfermidades dos animais; pasou a desempeñar un notable papel nos sectores [[agroindustria]]l e [[Gandería|gandeiro]]. O veterinario recibe unha adecuada formación en materia de produción e control sanitario dos alimentos de orixe animal, froitas, verduras, hortalizas e cogomelos destinados a consumo humano (son os chamados Inspectores de Sanidade), incluída a conservación dos mesmos e toda a lexislación referente. Préstase especial atención a programas de saneamento gandeiro, control de animais salvaxes e de compañía e prevención e control de enfermidades de animais, especialmente daquelas transmisibles ao ser humano.
O veterinario colabora coa [[medicina]] humana na preparación de [[soro fisiolóxico|soro]]s e [[vacina]]s, nutríndose mutuamente ambas profesións. É importante tamén a participación no control do [[medio ambiente]] a fin de garantir os equilibrios biolóxicos da natureza e defendendo a [[saúde]] do home.
Entre as funcións que poden realizar estes profesionais pódense destacar as de observación, interpretación e [[diagnóstico]] da [[patoloxía]] dos animais, mellorar o [[rendemento]] animal e a [[gandería]] produtiva, vixiar a fabricación e posta en circulación dos produtos alimenticios de orixe animal destinados ao consumo humano, analizar o comportamento dos animais, a [[investigación]] e a [[docencia]].
En xeral poderíase dicir que a [[veterinaria|profesión veterinaria]] ocúpase do coidado e estudo da produción, explotación, medicina preventiva e curativa dos animais útiles ao ser humano, das súas relacións hixiénico-sanitarias e da obtención, industrialización e tipificación dos produtos de orixe animal.
[[Ficheiro:Picture 468.jpg|miniatura|250px]]
Esta palabra ten varias orixes posibles.
A orixe desta palabra é latino culto. ''Veterinarius'', segundo o escritor [[Catón]], era o coñecedor e practicante da arte de curar as ''veterinae'' ou ''veterina'', é dicir, as bestas de carga. O nome destes animais parece proceder de ''vetus'' (vello), porque se trataría de animais envellecidos, e polo tanto non aptos para xa para as carreiras nin para os carros de guerra e só útiles para o transporte. Outras fontes afirman que ''veterina'' puido nacer do verbo ''veho, vehere,'' de onde se derivaría vehículo, que significa precisamente transportar.
O '''albeite''' (palabra de orixe árabe) é a persoa que cura animais sen te-lo título de veterinario.
===
* As amatas do meu burro fixeron de min albéitar.
* Ó albéitar non lle doe a carne de besta.
===Outros artigos===
*''[[Tratado de Albeitaria]]''
{{commons|Category:Veterinarians}}
▲== Véxase tamén ==
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:
|