Unión septada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m +control autoridades using AWB
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Septatejunction.jpg|miniatura|dereita|Unión septada na mosca ''[[Drosophila]]''.]]
As '''unións septadas''' son un tipo de [[unión celular|unión intercelular]] que se encontra entre células epiteliais de invertebrados, que ten un aspecto que lembra a unha escada visto con microscopio electrónico.<ref name=Cells>Benjamin Lewin. Cells. Páxina 681. Google books. [http://books.google.es/books?id=2VEGC8j9g9wC&pg=PA681&lpg=PA681&dq=septate+junctions&source=bl&ots=xZ81v8Nc5c&sig=Jf7trA_wYp3AwJJAxsTA_nbGBeE&hl=es&sa=X&ei=zUMkVM3mBJTVapaEgdAM&ved=0CB8Q6AEwAjgK#v=onepage&q=septate%20junctions&f=false Benjamin Lewin. Cells. Páxina 681. Google books]</ref> As células epiteliais que as posúen están unidas por finos septos perpendiculares entre as membranas de dúas células veciñas, que abranguen a separación de 15 a 20 &nbsp;nm entre as células. Estes septos poden ser rectos (unións septadas lisas) ou estar pregados. <ref name=Cells/> Crese que proporcionan forza estrutural e permiten a función de barreira para a [[difusión]] de solutos a través do espazo intercelular na parte lateral das células.<ref>Banerjee S, Sousa AD, Bhat MA. Organization and function of septate junctions: an evolutionary perspective. Cell Biochem Biophys. 2006;46(1):65-77. PMID: 16943624.</ref> Considéranse en parte análogas ás [[unión hermética|unións herméticas]] de vertebrados, e teñen a súa mesma función de barreira paracelular, aínda que entre ambas hai tamén bastantes diferenzas; por exemplo en composición e en posición, xa que as unións herméticas están na parte apical lateral das membranas, e as unións septadas están na parte basal lateral, e tamén en funcións adicionais que teñen as unións septadas, que non exercen as unións herméticas, como o control do crecemento e forma celular no desenvolvemento.<ref name=Cells/> En realidade, as funcións das unións herméticas de vertebrados exércenas varios tipos de unións intercelulares nas moscas, o cal indica que as funcións e vías de [[sinalización celular|sinalización]] destas unións conserváronse, pero reagrupáronse de diferentes xeitos en distintos tipos de unións ao longo da evolución. Polo menos as de ''[[Drosophila melanogaster]]'', conteñen, entre outras, proteínas do tipo das [[claudina]]s,<ref>M. Furuse, S. Tsukita: Claudins in occluding junctions of humans and flies. In: Trends in Cell Biology. 2006; 16: 181-188. PMID 16537104. </ref><ref>Kevin S. Nelson, Mikio Furuse, Greg J. Beitel. The Drosophila Claudin Kune-kune Is Required for Septate Junction Organization and Tracheal Tube Size Control. Genetics xullo 2010 vol. 185 no. 3 831-839. [http://www.genetics.org/content/185/3/831.short]</ref> igual que as unións herméticas.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Matter|first=Karl|author2=Balda, M |title=Signalling to and from tight junctions|journal=Nature Reviews Molecular Cell Biology|date=March 2003|year=2003|volume=4|pages=225–237|doi=10.1038/nrm1055|pmid=12612641|url=http://www.nature.com/nrm/journal/v4/n3/fig_tab/nrm1055_F3.html|accessdate=24 de setembro de 2014}}</ref> Aínda que as unión septadas se encontran só en invertebrados, algúns invertebrados teñen nas súas células tanto unións herméticas coma unións septadas.<ref name=Cells/>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Bioloxía celular]]