Talasocracia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎top: +control autoridades using AWB
Liña 1:
Unha '''talasocracia''', do grego "thálassa", ''mar'', e "krátos", ''goberno'', denota ao estado cuxos dominios son principalmente marítimos, como por exemplo a rede de colonias marítimas dos [[fenicios]], non un xenuíno imperio, senón máis ben unido por rutas mariñas e que apenas penetra no interior, mesmo no caso da [[metrópole]], como as cidades de [[Tiro]], [[Sidón]] e [[Cartago]]. O termo foi empregado orixinariamente para se referir ao goberno da [[civilización minoica]], cuxo poder dependía da súa armada.
Na [[Idade Media]] e [[Idade Moderna|Moderna]] temos os exemplos de cidades-estado mariñeiras como a [[República de Venecia]], a [[República de Ragusa]] ou [[Xénova]], no Mediterráneo. Exemplos tamén relativamente recentes son o [[Imperio Portugués]] ou o [[Imperio Británico]], que empezaron como [[emporio]]s comerciais e máis adiante foron adquirindo vastos territorios no interior.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Política]]