Wilusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: de, en, es, nl
XoseBot (conversa | contribucións)
m Hiperenxebrismos/Castelanismos
Liña 1:
'''Wilusa''' ou Wiluša foi un reino da rexión da [[Tróade]], a miúdo confederado con [[Arzawa]] (que era unha rexión formada polo menos por cinco reinos aás veces confederados e outras non: [[Arzawa]] propia, [[Mira, Reino|Mira]], [[Hapalla]], Río [[Seha]], e Wilusa). Foi a homérica [[Ilios]] ou [[Ilión]], probabelmente na rexión da Tróade, pero sen incluír [[Troia]], que debía de ser un estado separado (Troia en [[lingua hitita|hitita]] = [[Taruisa]] ou Taruiša).
 
Arzawa foi sometida temporalmente polo rei hitita [[Hattusilis I]] na segunda metade do [[século –XVII]], pero non tardou en recuperar a independencia. Pero Wilusa, tamén sometida seguramente ao mesmo tempo, permaneceu aliada aos hititas como se testemuña polos agasallos enviados periodicamente desde Wilusa ao rei hitita. O gobernante en tempo de [[Suppiluliumas I]] era [[Kukkuni]], identificado como o grego [[Kyknos]], rei de Colonas na [[Tróade]] e heroe da guerra de Troia, fillo de [[Poseidón]], que, segundo a lenda, foi morto por [[Aquiles]], co que se mantiveron boas relacións.