Rita Segato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m +control autoridades using AWB
Liña 41:
}}
 
'''Rita Laura Segato''' ([[Buenos Aires]], [[14 de agosto]] de [[1951]]) é unha antropóloga e [[Feminismo|feminista]] arxentina residente entre Brasília e Tilcara. É especialmente coñecida polas súas investigacións sobre cuestións de xénero nos pobos indíxenas e comunidades latinoamericanas, sobre [[Violencia de xénero|violencia de xénero]] e ás relacións entre xénero, racismo e colonialidade. Considera que as relacións de xénero son un campo de poder e que é un erro falar de crimes sexuais, que deberían ser considerados "crimes do poder, da dominación, da punición".<ref name=":0">{{Cita noticia|apelidos=Carbajal|nome=Mariana|título=Rita Segato, el caso Micaela y una mirada desde el feminismo sobre las violaciones {{!}} Página12|url=https://www.pagina12.com.ar/32120-con-mas-carcel-no-solucionamos-el-problema|data=1492315094|data-acceso=4 de xullo de 2017|xornal=PAGINA12|idioma=es-AR}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Estudou primaria na ''Escuela Normal en Lenguas Vivas Juán Ramón Fernández'' e a secundaria no ''Colegio Nacional de Buenos Aires'' (1970). Estudou tamén no ''Conservatorio Municipal Manual de Falla'' (1967) e na ''Escuela Nacional de Danzas'' (1973). Cursou a licenciatura en Ciencias Antropolóxicas na [[Universidade de Buenos Aires]] até o seu primeiro peche en 1974. Especializouse en etnomusicoloxía no ''Instituto Interamericano de Etnomusicología e Folklore de Caracas'' con [[Isabel Aretz]] (1975), onde permaneceu como investigadora do arquivo de música latinoamericana até 1980.<ref name=":1">{{Cita web|url=http://www.cga.org.ar/trayectorias-37-rita-segato|título=Ciclo de Encuentros "Trayectorias": Entrevista a Rita Segato|data-acceso=4 de xullo de 2017|páxina-web=Colegio de Graduados en Antropología}}</ref>
 
Obtivo o seu doutoramento en 1984 en antropoloxía social na [[Quens's University de Belfast|Universidade Queen’s de Belfast]] onde estudou Antropoloxía da Música con John Blacking e Antropoloxía Social con Milan Stuchlick e Gerd Baumann.
 
Foi profesora do Departamento de Antropoloxía da [[Universidade de Brasília]] entre 1985 e 2010. En 2011 migrou á docencia nos posgraos interdisciplinares de Bioética e de Dereitos Humanos da mesma universidade, ademais de actuar como profesora visitante en diversos programas de doutoramento de América Latina.
Liña 54:
É investigadora do Consello Nacional de Investigacións de Brasil desde 1998.
 
Entre os seus libros destacan ''Las estructuras elementales de la violencia'' (2003), ''La nación y sus otros'' (2007) e ''Las nuevas formas de la guerra y el cuerpo de las mujeres'' (2014).
 
No 2006 realizou unha investigación sobre os crimes desde [[Ciudad Juárez]].<ref>{{Cita web|url=http://cvss.udg.mx/sites/default/files/lecturas-catedras/La-escritura-en-el-cuerpo-de-la-mujeres-de-Cd-Juarez.pdf|apelidos=Rita Segato|título=La escritura en el cuerpo de las mujeres asesinadas en Ciudad Juárez. Territorio, soberanía y crímenes de segundo estado}}</ref>
 
A partir da análise do [[feminicidio de Ciudad Juárez]], Segato propón pensar a violencia contra as mulleres como un sistema de comunicación que mostra a forza e a impunidade daqueles que desde o Estado e o paraestatal reinan na fronteira.
 
''Se o acto violento é entendido como mensaxe e os crimes percíbense orquestrados en claro estilo responsorial, atopámonos cunha escena onde os actos de violencia compórtanse como unha lingua capaz de funcionar eficazmente para os entendidos, os avisados, os que falan, aínda cando non participen directamente na acción enunciativa. É por iso que, cando un sistema de comunicación cun alfabeto violento instálase, é moi difícil desinstalalo, eliminalo.''
Liña 92:
* {{Cita web|url=http://www.clarin.com/ideas/rita-segato-mujer-cuerpo-control_0_S1cTT1iDQg.html|título=Mujer y cuerpo bajo control. Entrevista a Rita Segato}}
* {{cita web|apelidos=Salgado|nome=Daniel|título=O feminicidio é a punta do iceberg do aire que respiramos|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/feminicidio-punta-do-iceberg-do-aire-respiramos-compre-modificar-vida/20171013181825062253.html|editor=Sermos Galiza|dataacceso=7 de novembro de 2017|dataarquivo=5 de novembro de 2017|lingua=Galego}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Feminismo]]