Panfilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: pl:Pamphylia
XoseBot (conversa | contribucións)
m Hiperenxebrismos/Castelanismos
Liña 1:
'''Panfilia''' foi unha rexión da costa suroeste de [[Asia Menor]], ao leste de [[Licia]]. Limitaba con Licia (ao oeste), [[Psidia]] (ao norte), [[Cilicia]] (ao leste) e o [[mar Mediterráneo]] (ao sur). A zona da costa formaba un golfo coñecido como ''[[Pamphylius Sinus]]'' ou ''[[Pamphylium Mare]]''. Tiña unha costa extensa pero cara ao interior non se prolongaba demasiado, pero os romanos aás veces consideraron a Panfilia incluíndo Psidia.
 
Panfilia non foi provincia romana ata a división de [[Constantino I o Grande]] no [[século IV]], e antes formou parte da provincia chamada [[Licia e Panfilia]] con fronteira entre ambas rexións nos montes Clímax e fronteira con Cilicia no [[río Melas]], pero os límites non eran moi estritos xa que Olbia e [[Perge]], ao leste dos montes Clímax, serían consideradas a miúdo como parte de Licia e, en cambio, Perge, alén do río Melas, sempre foi considerada cidade de Panfilia.