Diferenzas entre revisións de «Partido Popular Europeo (grupo parlamentario)»

m
+control autoridades using AWB
m (Bot: Cambio o modelo: ROM)
m (+control autoridades using AWB)
 
 
== Historia ==
As orixes do grupo parlamentario [[democristián]] do [[Parlamento Europeo]] hai que buscalas no primeiro momento da historia comunitaria, na creación da Asemblea Común da [[Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro]], o [[10 de setembro]] de [[1956]]. Ao comezo do verán do [[1953|ano seguinte]] xa existía un grupo parlamentario formado de xeito oficial, aínda que durante eses nove meses os deputados de centro-dereita dos seis estados asinantes cooperaran e traballaran conxuntamente.
 
Aínda que as formacións iniciais do PPE eran de tradición democristiá, as sucesivas ampliacións da [[Comunidade Económica Europea]], [[Comunidade Europea]] e finalmente [[Unión Europea]], levaron o grupo parlamentario do PPE a abrirse a outras tradicións conservadoras e de centro dereita, como as que encarnaban a formación [[Grecia|grega]] de [[Nova Democracia]] ou o [[Partido Popular]] [[España|español]], antes de toda a expansión comunitaria cara ao leste. Os [[Partido Conservador (Reino Unido)|conservadores británicos]] e [[Partido Popular Conservador|dinamarqueses]] tentaron inicialmente manter un grupo parlamentario á parte, que se denominou [[Demócratas Europeos]], pero durante a década dos noventa disolveron a entidade e incorporáronse ao grupo parlamentario do PPE (británicos) e ao grupo e mais ao propio [[Partido Popular Europeo]] os dinamarqueses. Pero mentres o grupo se ampliaba (incorporación da [[Forza Italia]] de [[Silvio Berlusconi]], por exemplo) aparecían as primeiras fendas importantes causadas polo [[euroescepticismo]].
 
Este núcleo euroescéptico recuperou o nome de Demócratas Europeos e brevemente o grupo parlamentario denominouse PPE-DE. Con esa composición, o PPE-DE converteuse no grupo parlamentario máis numeroso da Eurocámara logo das [[eleccións ao Parlamento Europeo de 1999]]. A crise para a aprobación dos orzamentos que enfrontou os democristiáns cos socialdemócratas, e que levou por diante a [[Comisión Europea|Comisión]] que presidía [[Jacques Santer]], acabou tamén por dinamitar o propio grupo parlamentario. Logo das [[eleccións ao Parlamento Europeo de 2009]] o [[Partido Conservador (Reino Unido)|Partido Conservador británico]] e o [[Partido Democrático Cívico]] [[República Checa|checo]] abandonaron o PPE para formar canda outras formacións o grupo parlamentario dos [[Conservadores e Reformistas Europeos]] o [[22 de xuño]] de [[2009]]. Como consecuencia desa formación, o subgrupo dos Demócratas Europeos desapareceu e o grupo redenominouse como Partido Popular Europeo unicamente. Malia esta escisión, o grupo parlamentario do PPE continuou a ser o máis numeroso da [[Parlamento Europeo|Eurocámara]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.eppgroup.eu/ Web oficial do Grupo]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Grupos parlamentarios na Eurocámara|Popular]]
38.539

edicións