Pantocrátor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m +control autoridades using AWB
Liña 2:
Na iconografía relixiosa [[cristianismo|cristiá]], o termo '''pantocrátor''' aplícase para referirse a [[Deus]] pai omnipotente ou tamén a [[Cristo]], como xuíz no [[Xuízo Final]]. O termo vén do grego ''pantokrátor -átoros'', formado de ''pâs pantós'', todo, e dun derivado de ''krátos'', forza, poder, de onde o seu significado de ''todopoderoso''. Na [[mitoloxía grega]] era un atributo de [[Zeus]].
 
Representouse principalmente na [[arte bizantina]] e [[arte románica|románica]], na forma de Deus bendecindo ó espectador coa man dereita levantada; na man esquerda sostén o Libro dos Sete Selos (segundo a [[Apocalipse]], cap. 5), cuxa apertura simboliza o comezo do Xuízo. Pode aparece-la figura completa, sentada no trono, ou só o busto. Cando representa a figura de Deus pai adoita mostra-lo fillo, Xesus, no colo.
 
Sexa como for, a figura inscríbese case sempre nun cerco oval en forma de améndoa, denominado [[mandorla]], coas figuras dos catro evanxelistas ó redor formando o [[tetramorfo]]: [[Mateo o Evanxelista|Mateo]] (home), [[Marcos o Evanxelista|Marcos]] (león), [[Lucas o Evanxelista|Lucas]] (boi) e [[Xoán o Evanxelista|Xoán]] (aguia).
Liña 21:
* [http://www.imageandart.com/tutoriales/historia_arte/obras/pantocrator/index.html Pantocrátor de San Clemente de Taüll.]
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/obrmaestras/obras/9270.htm Pantocrátor do Monasterio de Daphni, Atenas (século XII).]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Elementos da arquitectura relixiosa cristiá]]