Usuario:Pontevedra78/Steam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Steam"
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 17 de xullo de 2018 ás 19:12

Steam é una plataforma de distribución dixital, xestión dixital de dereitos, comunicacións e servizos multixogador desenvolvida por Valve Corporation. É empregada tanto por pequenos creadores independentes como grandes corporacións de software para a distribución de videoxogos e material multimedia relacionado. Steam, ademais, ofrece varias xeitos para a comunicación entre os membros da comunidade, a posibilidade de utilizar chat de voz en calquera momento e actualizacións automáticas para todos os xogos que ofrece.

Para poder gozar de todos estes servizos, é necesario estar rexistrado no servizo mediante a creación dunha conta gratuíta, á que se vinculan os videoxogos mercados polo xogador. Estes xogos poden ser tanto os que se ofrecen para a compra na propia plataforma, como outros adquiridos en tendas físicas.

Steam apareceu orixinalmente en 2003, como unha utilidade para engadir parches e servidores a xogos xa existentes como Counter Strike, Day of Defeat, HL Deathmatch, etc.[1] Half Life 2 (2004) desenvolveuse en exclusiva paira Steam onde requiría rexistrarse nunha páxina web paira activalo era una interfaz que os agrupaba e tiña soporte paira chat e voz ademais de enlaces a Amazon paira os xogos que che faltaban. En 2007 creouse SteamCommunity para rexistrar o tempo de uso, ademais de vender xogos de Valve en dixital; no ano 2008 a páxina relanzouse como unha tenda para comprar xogos en formato dixital, primeiro os propios de Valve e posteriormente outros como Bethesda Softworks, Activision, Rockstar Games, Square Enix, 2K Games e Sega. En 2010, o chamado UI Update, introduciu capacidade de explorar e comprar directamente da aplicación e a súa cor pasou de verde a negro; en 2012 vende programas distintos a xogos, empezando cun editor de mapas paira Portal 2 e tamén Big Picture.[2][3][4] En 2014, Steam engadiu un motor de música como principio para vender bandas sonoras, con todo tamén funciona como calquera mp3.[5]

En xaneiro de 2016, Steam contaba con máis de 7300 xogos dispoñibles, dos cales máis de 2700 son compatibles con VOS X e máis de 1700 con Linux.[6] Ademais contaba con preto de 142 millóns de contas de usuario activas.[7] O 27 de novembro de 2017 bateu a marca de xogadores simultáneos, con 17 millóns de xogadores simultáneos.

Steam estreou en maio de 2016 un novo sistema de revisións ou análise modificada paira personificar as opinións dos xogadores.[8] Isto realízase mediante unha clasificación periódica por data e utilidade, adaptándose ás necesidades de cada usuario da plataforma dedicada a xogos de PC, paira así atopar as valoracións os títulos que máis se adecúen aos seus gustos de maneira instantánea.

Referencias editar

  1. "The history of Steam - Natus Vincere Website". 
  2. "A Brand New Steam". 23 Feb. 2010 A Brand New Steam — Beta Available Now As of today, a new version of Steam is available through a public opt-in beta, open to all Steam users.[...] If you already have Steam installed on your computer, you can take part in the beta by clicking this link and then selecting "2010 UI Update" under Beta Participation. If you don't have Steam installed, download it today. 
  3. "Steam Now Selling Non-Gaming Software". 
  4. "Steam Big Picture, análisis a fondo - Gizmología". 
  5. "How to Add Your Music Library to Steam and Use the Steam Music Player". 
  6. "Steam Search". Valve Corporation. 
  7. "Steam Stats". Steam Spy. 
  8. "Steam modifica su sistema de reviews – Alfa Beta Juega".