Helen Fielding: Diferenzas entre revisións

escritora británica
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Helen Fielding (Yorkshire, 19 de febreiro de 1958) é unha escritora británica coñecida sobre todo pola súa obra "O diario de Bridget Jones" que no 2001 foi levada ao cine cun..."
Etiquetas: Artigo sen formato wiki Edición visual
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2018 ás 18:34

Helen Fielding (Yorkshire, 19 de febreiro de 1958) é unha escritora británica coñecida sobre todo pola súa obra "O diario de Bridget Jones" que no 2001 foi levada ao cine cun gran éxito.

Estudou Literatura inglesa na Universidade de Oxford e empezou a traballar na BBC. A súa primeira novela foi "Ricos e famosos en Nambula", unha obra baseada nas súas vivencias periodísticas en África.

Acadou a fama ao publicar na prensa británica unha columna diaria sobre unha muller trintaneira, chamada Bridget Jones, que vive soa en Londres e traballa nunha editorial. En 1996 publicou a novela "O diario de Bridget Jones", que relataba un ano na vida deste personaxe. Obtivo o premio British Book Award e chegou a ser un dos fenómenos literarios dos anos noventa, tanto pola exitosa vida editorial (pois a novela logrou unhas vendas millonarias) como pola fama que lle deu a película. A novela foi levada á gran pantalla con Renée Zellweger no papel de Jones, acompañada de Colin Firth e Hugh Grant.

Fielding escribiu unha segunda novela con este mesmo personaxe: "Bridget Jones: Sobrevivirei"