Ediciós do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20:
Tamén teñen cabida os ensaios sobre arte como A pintura como comunicación de [[Domingo García-Sabell]] e os que amparan o movemento feminista, dos cales un exemplo sería A muller en Galicia. A muller na sociedade galega e [[María Xosé Queizán]].
 
-'''Arte''': neste xénero encontramos obras relacionadas coa pintura, tanto de carácter didáctico como Procesos abstractivos do arte contemporáneo de Tomás Barros como de carácter puramente artístico, nos que están presentes a xilografía e os gravados. Desta segunda categoría podemos destacar [[O toro jubilo]] e [[O meco]], ambas as dúas de [[Luís Seoane]], que tamén contribúen ao seu modo á crítica social.
 
Están presentes tamén, aínda que gozan de menor protagonismo, as obras dramáticas, entre as que podemos destacar Farsas para títeres de [[Eduardo Blanco Amor]] e Os Irmandiños de [[Daniel Cortezón]], que surxe da súa propia iniciativa por cubrir o défice do teatro histórico en galego; as obras historiográficas como Bajo las luces de la ilustración e El alba flor de lis. Galicia en los reinados de Felipe V, Luis I y Fernando VI de [[Emilio González López]]; e, por último, as obras etnográficas como Ribadeo Antigo de [Francisco Lanza Álvarez]] e Mariscos de Galicia de [[Luís Villaverde]].