Oroxenia caledoniana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
=== Fases iniciais ===
 
Algunhas fases iniciais de deformación ou [[metamorfismo]] poden recoñecerse nas [[Caledónidas escandinavas]]. A primeira fase que se inclúe a miúdo na oroxenia caledoniana é a [[fase Finnmarkiana]] de hai 505 millóns de anos ([[Cámbrico]] tardío). Outra fase foi a [[fase Jämtlandiana]] de hai 455 millóns de anoisanos. Estas fases explícanse pola asunción de que a beira occidental de Báltica chocou cun [[arco de illas]] ou microcontinente. De maneira similar, a beira oriental de Laurentia colisionou cun arco de illas durante a [[oroxenia tacónica]] (desde hai 480 a 435 millóns de anos).
 
Durante o Ordovícico, o pequeno continente de Avalonia movíase independentemente en dirección nordeste cara a Báltica. Este movemento estaba acompañado da [[subdución]] da parte sueste do océano de Xápeto (o denominado [[mar de Tornquist]]) que se metía dentro do manto por debaixo do leste de Avalonia. No Ordovícico tardío (hai uns 450 millóns de anos) empezou unha [[colisión continental]] entre Avalonia e Báltica.<ref>Torsvik & Rehnström (2003)</ref> O mar de Tornquist desapareceu neste proceso, e a [[sutura (xeoloxía)|sutura]] que quedou denominase [[liña de Tornquist]], que discorre por baixo o [[mar do Norte]], sur de [[Dinamarca]] e norte de Alemaña e [[Polonia]].