Oroxenia caledoniana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
A principal fase da oroxenia caledoniana (desde hai 425 a 400 millóns de anos) denomínase fse escandiana en Escandinavia e ''fase grampiana'' en [[Gran Bretaña]].<ref name=Jones2003>Jones & Blake (2003), pp. 47–50</ref> Foi causada pola colisión entre [[Laurentia]] e [[Báltica]]. O océano de Iapetus pechouse primeiro poolo norte e despois polo sur. Por tnto, o coque entre Báltica e Laurentia tivo lugar un pouco antes que entre Avalonia e Laurentia. O choque continental empezou no [[Silúrico]] medio e a formación das montañas tivo lugar no [[Devónico]] temperán (desde hai 420 a 405 millóns de anos).<ref>Fossen & Dunlap. 1998</ref><ref>Torsvik ''et al.'' (1996)</ref> En [[Norteamérica]], o choque entre Avalonia e Laurentia denomínase [[oroxenia acadiana]].
 
Segundo algúns autores, os choques continentais caledonianos implicaron outro microcontinente, [[Armórica (continente)|Armórica]] (sur de [[Portugal]] e gran parte da Península Ibérica, a maior parte do norte de [[Francia]] e partes de Alemaña e a [[república Checa]]), aínda máis pequeno que Avalonia.<ref>Ziegler (1990) suxire que o choque de Armórica con Laurusia formou a rama sur (centroeuropea) das montañas caledonianas</ref> Este microcontinente probablemente non formab unha unidade consistente, senón unha serie de fragmentos, dos cales os actuais [[Macizo Armoricano|Macizos Armoricano]] e [[Macizo Bohemio|Bohemio]] son os máis importantes. O océano situado entre as masas continentais combinadas de Laurentia, Báltica e Avalonia (chamadas [[Euramérica|Euramérica, Laurusia ou Continente do arenitovermelloarenito vermello antigo]]) e Armórica denomínase [[océano Reico]].
 
Porén, a posición paleoxeográfica dos fragmentos de codia de Armórica entre o Ordovícico e o [[Carbonífero]] é moi discutida. Hai indicios de que o Macizo Bohemio empezou a moverse cara ao norte desde o Ordovícico en adiante,<ref>Schätz ''et al.'' (2002)</ref> peromoitos autores sitúan a aceción dos [[terreo (xeoloxía)|terreos]] armoricanos coa marxe sur de Laurusia no Carbonífero durante a [[oroxenia herciniana]] (hai uns 340 millóns de anos). A [[cunca renoherciniana]], unha [[cunca tras arco]], formouse na marxe sur de Euramérica xustodespois da oroxenia caledoniana. Segundo estes autores, un pequeno rim de Euramérica separouse á deriva cando se formou esta cunca. A cunca pechouse cando estes [[terreo (xeoloxía)|terreos]] caledonianos deformados foron acrecionados de novo a Laurusia durante a oroxenia heriniana.<ref>Ver a reconstrución en Cocks & Torsvik (2006) para esta idea. Outra reconstrución do choque de Armórica con Euramérica pode encontrarse en Stampfli ''et al.'' (2002)</ref>