Oroxenia caledoniana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en tradución}}
[[Ficheiro:Caledonides EN.svg|miniatura|350px|Localización das diferentes ramas dos cintos oroxénicos caledoniano/[[oroxenia acadiana|acadiana]] ao final da oroxenia caledoniana ([[Devónico]] temperán). As liñas de costa actuais indícanse en gris como referencia. Posteriormente na [[Historia xeolóxica da Terra]], o [[océano Atlántico]] abriuse e as diferentes partes do cinto oroxénico separáronse.<ref> Reconstrución baseada en Matte (2001); Stampfli ''et al.'' (2002); Torsvik ''et al.'' (1996) e Ziegler (1990)</ref> Véxase tamén [[sutura Iapetus]] e [[Zona de sutura transeuropea]].]]
A '''oroxenia caledoniana'''<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=116 caledoniano -na]</ref><ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=47 oroxenia]</ref><ref>BUSCatermos [https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#90802946 oroxenia, oroxenia caledoniana]</ref> ou '''oroxénese caledoniana'''<ref>{{DRAG|oroxénese}}</ref> foi unha [[oroxenia|era de formación de montañas]] que tivo lugar nas partes norte de [[Irlanda]] e [[Gran Bretaña]], na zona das [[montañas Escandinavas]], [[Svalbard]], [[oroxenia do leste de Groenlandia|leste de Groenlandia]] e partes do norte e centorcentro de Europa. A oroxenia caledoniana comprende sucesos que ocorreron desde o [[Ordovícico]] ao [[Devónico]] temperán, aproximadamente hai de 490 a 390&nbsp;millóns de anos (Ma). Foi causada polo peche do antigo [[océano de Iapetus]] cando chocaron os continentes e os [[terreo (xeoloxía)|terreos]] de [[Laurentia]], [[Báltica]] e [[Avalonia]].
 
A oroxenia caledoniana denomínase así por [[Caledonia]], o nome latino de [[Escocia]]. Este nome utilizouno primeiramente en 1885 o xeólogo austríaco [[Eduard Suess]] para referirse a un episodio de formación de montalñas no norte de Europa que precedeu ao [[Devónico]]. Os xeólogos [[Émile Haug]] e [[Hans Stille]], entre outros, consideraban a oroxenia caledoniana como unha das varias fases episódicas de formación de montañas que ocorreran durante a [[historia da Terra]].<ref>McKerrow ''et al.'' (2002)</ref> A idea actual é que a oroxenia caledoniana comprende varias fases [[tectónica]]s que poden ser lateralmente [[diacrónico|diacrónicas]]. O nome "caledoniano" pode, por tanto, non ser usado para un período de tempo xeolóxico absoluto, e aplicarse só a unha serie de eventos relacionados tectonicamente.