Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 133:
 
* '''[[Roger Bacon]]''' (1214-1294), o ''Doutor Admirábel'', ingresou na [[Orde dos Freires Menores|Orde dos Franciscanos]] contra [[1240]], onde, influído por Grosdeteste, se dedicou a estudos nos cales introduciu a observación da natureza e a experimentación como fundamentos do coñecemento natural. Bacon propagou o concepto de "[[leis da natureza]]" e contribuíu con estudos en áreas como a [[mecánica]], a [[xeografía]] e principalmente a [[óptica]]. As investigacións en óptica de Grosseteste e Bacon posibilitaron o inicio da fabricación de [[anteollos]], no [[século XII]]. No futuro, estes coñecementos serían imprescindíbeis para a invención de instrumentos como o [[telescopio]] e o [[microscopio]].
* '''[[Tomé de Aquino]]''' (1227-1274), tamén coñecido como o ''Doutor Anxélico'', foi un frade dominico e teólogo italiano. Igual que o seu profesor [[Alberte o Magno]], é [[santo]] [[Igrexa Católicacatólica|católico]] e [[Doutor da Igrexa|doutor desta mesma Igrexa]]. Os seus intereses non se restrinxían á [[filosofía]]; interesouse tamén polo estudo da [[alquimia]], e publicou unha importante obra alquímica chamada ''Aurora Consurxens''. Non obstante, a verdadeira contribución de San Tomé á ciencia do período foi a de ser o maior responsábel da integración definitiva do [[Aristóteles|aristotelismo]] na tradición [[escolástica (filosofía)|escolástica]].
* '''[[Duns Scoto]]''' (1266-1308), o ''Doutor Sutil'', foi membro da Orde franciscana, [[Filosofía|filósofo]] e [[Teoloxía|teólogo]]. Formado no ambiente académico da [[Universidade de Oxford]], onde aínda perduraba a aura de Robert Grosseteste e Roger Bacon, tivo unha posición alternativa á de [[Tomé de Aquino]] no enfoque da relación entre a [[razón]] e a [[Fe (relixión)|fe]]. Para Escoto, as verdades da fe non poderían ser comprendidas pola razón. A filosofía, así, debería deixar de ser unha serva da teoloxía e adquirir autonomía. Duns Escoto foi o mentor doutro gran nome da filosofía medieval, [[William de Ockham]].
* '''[[William de Ockham]]''' (1285-1350), o ''Doutor Invencíbel'', foi un frade franciscano, teórico da [[lóxica]] e teólogo [[Inglaterra|inglés]]. Ockham defendía o ''principio da parsimonia'' ou da economía (a natureza é por si mesma económica), que xa se podía ver no traballo de Duns Escoto, o seu mestre. Ockham formulou o principio da [[Navalla de Occam]]: ''se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple''. Isto chegou a ser unha parte básica do que sería coñecido posteriormente como [[método científico]], e un dos piares do [[reducionismo]] na [[ciencia]]. Ockam morreu vítima da [[peste negra]]. [[Jean Buridan]] e [[Nicole Oresme]] foron os seus seguidores.