Limiar de pobreza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Satisfacen > satisfán.
m +control autoridades using AWB
Liña 5:
Cando se di que se vive por menos de 1 dólar ó día debe entenderse que o consumo diario de [[Ben económico|bens]] e [[servizos]] é comporable á cantidade de bens e servizos que se poden comprar nos Estados Unidos por $1. Os bens producidos por un mesmo e os servizos públicos tamén estarían comprendidos nesta medición. O limiar de pobreza é útil como ferramenta económica coa que medir as persoas que viven en pobreza e poñer en funcionamento [[reformas socioeconómicas]] coma os seguros de desemprego para reducir a pobreza.
[[Ficheiro:Percent poverty world map.PNG|300px|dereita|miniatura|Porcentaxe da poboación por país por debaixo do limiar de pobreza]]
 
 
== Métodos para definir o limiar de pobreza ==
Liña 17 ⟶ 16:
[[Ficheiro:HomelessParis_7032101.jpg|miniatura|dereita|300px|Un home sen vivenda nas rúas de [[París]]]]
 
Existen varios métodos de avaliación absoluta da pobreza. Todos se basean en convencións normativas admitidas nun país ou nunha comunidade concreta. e Un deles é o fornecido polo Banco Mundial co criterio de '''1 dólar''' (de 1990) por persoa e por día. Un limiar de '''2 dólares''' é tamén correntemente empregado. O número de persoas por baixo do limiar de pobreza nun país é difícil de estimar. Por unha parte os países non teñen todos os medios de contar con estatísticas nacionais detalladas; por outra parte, sería necesario ter en conta actividades como o [[autoconsumo]] ou o acceso a [[servizos públicos]].
 
Para que a medida sexa absoluta, o limiar debe ser o mesmo en diferentes países. Esta medida debería considerar só o poder do individuo para consumir e debería ser independente dos cambios na distribución dos ingresos. A intuición detrás dunha medición absoluta é que a sobrevivencia precisa a mesma cantidade de bens en todo o mundo e que todo o mundo debería estar suxeito ós mesmos estándares se se trata de facer unha comparación significativa. Debe facerse notar que se os ingresos reais nunha economía medran e os [[ingresos distributivos]] non cambian, a pobreza absoluta declinará.
Liña 23 ⟶ 22:
Ademais, o índice de pobreza absoluta pode declinar aínda que a desigualdade estea medrando, polo menos en tanto os máis pobres consigan uns ingresos reais máis altos cós que tiñan antes.
 
Este tipo de cálculo é moitas veces contrastado con cálculos de pobreza relativa, que clasifican os individuos ou familias como "pobres", non comparándoos cun corte determinado, senón comparándoos con outros na poboación estudada.
 
O termo ''pobreza absoluta'' úsase tamén como sinónimo de [[pobreza extrema]].
Liña 29 ⟶ 28:
== Pobreza relativa ==
 
Este cálculo tén en conta o nivel de vida dun país. O máis frecuente utiliza unha fracción dos ingresos medios: '''50%''' para Francia, '''60%''' para a Unión Euroepea ([[Eurostat]]). O limiar reflite así a evolución do nivel de vida do conxunto da poboación, o que é asemade unha vantaxe (a noción de pobreza é relativa) e un inconveniente (se o ingreso de cada habitante aumenta o 20%, o limiar tamén aumenta o 20% e o número de pobres continúa inmutable sen aparecer o progreso por ningures).
 
Os cálculos da pobreza relativa son case os mesmos cós empregados para medir a [[desigualdade]]: se unha sociedade se fai máis igualitaria, se ten unha distribución dos ingresos máis igualitarios, a pobreza real decrece. Segundo isto, hai quen argumenta que o termo ''pobreza relativa'' debería ser cambiado polo de 'desigualdade'. Nese sentido, se a sociedade cambiase de maneira que desfavorecese as familias con maiores ingresos máis que as que teñen menos ingresos, a pobreza relativa decrecería pero todos os cidadáns da sociedade estarían peor. De igual xeito, na dirección inversa: nos últimos séculos, moitos países rebaixaron a súa pobreza absoluta, aumentando a súa pobreza relativa.
Liña 38 ⟶ 37:
=== Ligazóns externas ===
* [http://eesc.orst.edu/agcomwebfile/edmat/html/em/em8743/part1/officialgovt.html Historia do Limiar de Pobreza nos EUA] por Tom Gentle, Universidade do Estado de Oregón.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Economía]]