Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Política: Arranxos varios
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 163:
=== Xeoloxía e xeomorfoloxía ===
[[Ficheiro:BenNevis2005.jpg|miniatura|260px|[[Ben Nevis]], o punto máis alto das [[Illas Británicas]]]]
Todo o territorio escocés estaba cuberto polo xeo durante as [[glaciación]]s do [[Plistoceno]], o que ten importantes consecuencias na súa paisaxe. Dende o punto de vista [[xeoloxía|xeolóxico]], Escocia está subdividida en tres zonas: as ''[[Highlands]]'' e as illas sitúanse ao noroeste da [[Falla das Highlands]], que vai desde a [[Illa de Arran]] ata [[Stonehaven]]. Esta parte de Escocia está composta fundamentalmente de rochas antigas procedentes dos períodos [[Cámbrico]] e [[Precámbrico]], que foron elevadas durante a posterior [[oroxenia caledoniana|Oroxenia caledonia]]. Esta base rochosa está entrecruzada por múltiples intrusións [[rocha ígnea|ígneas]] de épocas máis recentes, cuxos vestixios formaron macizos montañosos como os [[Cairngorm]]s ou os [[Cuillin]]s, en [[Skye]]. Unha excepción significativa ao anterior constitúena os estratos de [[areísca]] coñecidos como ''[[Old Red Sandstone]]'', nos que se atoparon [[fósil]]es, sobre todo ao redor do [[fiorde de Moray]]. As ''Highlands'' ou Terras Altas son xeralmente montañosas e están divididas polo [[Great Glen]] ou "Gran Val". As maiores elevacións das [[Illas Británicas]] atópanse aquí, incluído o [[Ben Nevis]], o pico máis alto, cunha altitude de 1.344 metros. Escocia consta de máis de 790 illas, divididas en catro grupos principais: [[Shetland]], [[Orcadas]], e [[Hébridas]], as cales á súa vez dividir en [[Hébridas Interiores]] e [[Hébridas Exteriores]]. Ademais, nesta zona atópanse numerosas fontes de [[auga doce]], incluíndo o [[Lago Ness]] ou o [[Lago Lomond]]. Algunhas partes da costa consisten en ''[[machair]]'', un tipo de terreo consistente en dunas cubertas de pasto.
[[Ficheiro:Quiraing,_Isle_of_Skye.jpg|300px|esquerda|miniatura|Vista panorámica na [[Illa de Skye]].]]
O terreo coñecido como ''Central Lowlands'' ou tamén ''[[Central Belt]]'' é unha [[foxa tectónica]] composta fundamentalmente por formacións do [[Paleozoico]]. Algúns dos estratos [[sedimento|sedimentarios]] desta zona resultaron de gran importancia económica, xa que neles atópanse o [[carbón]] e o [[ferro]] nos que se baseou a [[Revolución Industrial]] escocesa. Esta área experimentou unha intensa [[volcán|actividade volcánica]], como demostra [[Arthur's Seat]], unha cima preto da cidade de [[Edimburgo]] que é o resto dun cono volcánico máis elevado que estivo activo durante o período [[Carbonífero]] fai uns 300 millóns de anos. Coñecida tamén como Midland Valley, esta área é relativamente chaira, aínda que existen abondosos outeiros como [[Ochil Hills]] ou [[Campsie Fells]].