Diferenzas entre revisións de «Literatura en lingua inglesa»

m (ct, cc)
Dende un punto de vista académico, o termo a miúdo fai referenza a departamentos, materias e programas vencellados a estudos de inglés nos sistemas educacionais secundarios e terciarios.

== Literatura anglosaxoa ==
Os primeiros traballos en [[inglés]] datan do [[século V]] d.C e foron escritos nos diferentes dialectos [[anglosaxón]]s: os dialectos [[anglo]]s de [[Mercia]] e [[Nortumbria]] e os dialectos [[saxón]]s de [[Wessex]] e [[Kent]], actualmente coñecidos como Old English ([[inglés antigo]]). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do "scope" ou [[poeta]] que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias.

=== Poesía ===

Principalmente foron cultivados catro xéneros: a [[poesía épica]], a [[poesía elexíaca]], a [[poesía gnómica]] (máximas e adiviñanzas) e en menor medida a [[prosa]] por mor de ser o [[latín]] a lingua oficial da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da [[literatura anglosaxoa]] que se agrupa en catro manuscritos principais:

*1º O [[manuscrito de Beowulf]].
*2º O [[manuscrito de Junius]].
*3º O [[libro de Éxeter]].
*4º O [[libro de Vercelly]].

Os primeiros textos escritos en [[inglés antigo]] encontrámolos non en manuscritos senón gravados na [[pedra]]. Trátanse de pequenas inscripcións, empregando o [[alfabeto rúnico]], sen intencións literarias. O [[alfabeto latino]] foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns chegados de [[Roma]] e canda el o cultivo literario do inglés.
Coa chegada dos primeiros cristiáns e trala súa aceptación por parte dos líderes anglo-saxóns comezan a ser construídos por toda [[Inglaterra]] igrexas e mosteiros ([[século VII]]). Neles, estes primeiros cristiáns serán os encargados de perpetuaren en manuscritos a rica literatura oral anglo-saxona, na meirande parte das veces incorporando aos textos simboloxía cristiá e alusións ao [[cristianismo]] coa fin de predicaren a súa doutrina.

Dentro da [[poesía épica]] destaca o [[poema]] coñecido, que non titulado, como [[Beowulf]]. Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do [[século VI]] ou [[século VII|VII]] nalgunha corte cristiá ou [[mosteiro]] de [[Mercia]] ou [[Nortumbria]]. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un [[cristián]] debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, [[clásico]] [[heroe]] [[xermánico]], que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa [[nai]]. Beowulf é finalmente derrotado por un [[dragón]] e o poema remata traxicamente. O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os [[viquingo]]s no ano [[991]]. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.

Exemplo dun fragmento de texto tirado do poema "Beowulf":
{{start box}}
| Him þa ellenrof andswarode,

wlanc Wedera leod word aefter spraec,

heard under helme: 'We synt Higelaces

beodgeneatas; Beowulf is min nama.

Wille Ic asecgan sunu Healfdenes,

maerum þeodne, min aerende,

aldre þinum, gif he us geunnan wile

þaet we hine swa godne gretan moton.'

|Wulfgar maþelode -þaet waes Wendla leod;

waes his modsefa manegum gecyðed,

wig ond wisdom: 'Ic þaes wine Deniga,

frean Scildinga, frinan wille,

beaga bryttan, swa þu bena eart,

þeoden maerne, ymb þinne sið,

ond þe þa andsware aedre gecyðan

ðe me se goda agifan þenceð.'

''"Beowulf", dende a liña 340 á liña 355''

{{end box}}
A [[poesía épica]] e elexíaca anglosaxoa constitúese formalmente a través da [[liña anglosaxoa]] e o [[aliteración|verso aliterativo]]. A liña anglosaxoa consiste na división da liña en dúas metades separadas por unha [[cesura]] ou pausa e o verso aliterativo consiste na repetición de sons consoánticos nas sílabas semanticamente máis importantes da liña. Esta estrutura dálle unidade a cada liña, dálle [[ritmo]] ao poema e faino máis sinxelo de lembrar, tendo en conta que esta literatura se transmitía de maneira oral. A meirande parte dos textos son anónimos e, malia a súa temperá produción, a literatura anglosaxoa presenta unha ampla riqueza estilística. Destacan entre estes recursos os "kenningar" (sing. "[[kenning]]") consistentes en locucións poéticas compostas que substitúen o nome usual dunha persoa ou dun obxecto.

Exemplo dun ''kenning'' no poema elexíaco "The Wanderer" ''(O Errante)''
{{start box}}
|Orixinal anglosaxón:

Swa cwaeð '''eardstapa''', earfeþa gemyndig,

wraþra waelsleathta, winemaega hryre:

|Tradución para galego:

Así falou o '''errante''', mente chea de sufrimentos,

das crueis batallas, as mortes dos familiares:

''Liñas 5 e 6 de "The Wanderer"''

{{end box}}

A unión da palabra "eard / earth" (terra) con "stapa / stepper" (o que pasea) forma un ''[[kenning]]'' que alude ao título do poema.

Canda á [[poesía épica]] é a [[poesía elexíaca]] o outro xénero literario máis cultivado durante o período anglosaxón. A poesía elexíaca anglosaxoa expón a filosofía fatalista da súa [[civilización]]. O ton dos poemas acada un nivel altamente melancólico resaltando sentimentos como a soidade, o abandono, a inseguridade, o exilio e o sufrimento.
O patrón tende a ser sempre o mesmo: a [[voz lírica]] lamenta a desaparición dun glorioso pasado e adopta unha postura de resignación. Resultan poemas moi persoais nos que se afonda nos sentimentos dos personaxes.

Entre os poemas elexíacos anglosaxóns cabe destacar os seguintes que se encontran no [[Libro de Éxeter]]:

*1º "The Wanderer" ''(O errante)''. Trátase dun poema de soidade, exilio e sufrimento no que atopamos a figura dun home solitario que perdeu a protección do seu ''Lord''. O poema remata cun parágrafo onde se expón unha filosofía de vida cristiá que dá solución aos problemas do [[protagonista]]. Probablemente este derradeiro parágrafo do poema foi introducido polo escritor anónimo cristián e non estaría presente na versión oral orixinal do poema.

*2º "The Seafarer" ''(O mariñeiro)''. Consiste nun [[monólogo]] que relata os sentimentos dun vello [[guerreiro]] e [[mariñeiro]] [[anglosaxón]]. A [[voz lírica]] expón dun xeito moi dramático os seus sufrimentos no mar e contrástaos cos praceres da vida na terra. Este monumento literario á lingua inglesa é o máis evocador dos poemas curtos escritos en inglés antigo.

*3º "The Deor's Lament" ''(O lamento de Deor)''. A voz lírica comeza nomeando varios heroes de orixes xermánicas e relata os seus problemas e o seu sufrimento. Logo desta introdución comeza a relatar a súa propia [[historia]]. Deor era un exitoso [[poeta]] que foi remprazado polo outro e lamenta a perda desta posición social privilexiada.

Exemplo de poema elexíaco anglosaxón "The Seafarer":
{{start box}}
|Maeg Ic be me syfum soðgied wrecam,

siþas secgan, hu Ic geswincdagum

earfoðhwile oft þrowade.
Brite breostceare gebiden haebbe,
gecunnad in ceole cearselda fela,
atol yþa gewealc, þaer mec oft bigeat
nearo nihtwaco aet nacan stefnan
þonne he be clifum cnossað.
|Calde geþrungen
waeron mine fet, forste gebunden
caldum clommum, þaer þa ceare seofedun
hat ymb heortan. Hungor innan slat
merewerges mod. þaet se mon ne wat
þe him on foldan faergrost limpeð:

''Liñas 1 a 13 de "The Seafarer".''
{{end box}}

=== Prosa ===

Finalmente, con respecto á prosa, en inglés antigo non se escribíu moita por mor de ser o latín a lingua oficial da Igrexa. Cabe facer mención á [[Crónica Anglosaxoa]] (Anglo-Saxon Chronicle) escrita polo rey [[Alfred o Grande]] e o seu círculo de eruditos. Este [[códice]] consiste nun arquivo anual dos acontecementos históricos e culturais máis importantes de [[Inglaterra]] dende a antigüidade ata o seus propios días. Data do [[século IX]] e, analizando o [[dialecto]] empregado para a narración, pénsase que foi escrito en [[Wessex]].

== Literatura inglesa medieval ==