Bruma, Mesía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m +control autoridades using AWB
Liña 16:
Bruma é un [[exclave]] de [[Mesía]], que non ten conexión directa co resto do concello, que ten unha superficie de 1,11 Km<sup>2</sup>. Está situado a uns 1,8 Km da parroquia máis proxima de Mesía, que é [[Visantoña, Mesía|Visantoña]]. Limita ao norte, oeste e sur con [[Ardemil, Ordes]] e ao leste con [[Beira, Carral]] e [[Vizoño, Abegondo]]. Bruma só conta cun núcleo rural, o lugar do [[Hospital, Bruma, Mesía|Hospital]] de Bruma.
 
Está a unha altitude de entre 400-450400–450 m no seu oeste e de entre 350-400 no seu leste. Por el pasa o rego dos Santeiros e o rego dos Outeiros, que son afluentes un do outro e ambos do [[río Samo]].
 
===Demografía ===
Liña 25:
 
==Historia==
No Coto, entre [[Ardemil, Ordes|Ardemil]] e Bruma, atópase restos de [[mámoa]]s que poden ser do [[neolítico]] ou do comezo da [[idade de bronce]].<ref name="pxom">{{Cita libro| título = Plano xeral de ordenación municipal de Mesía | data = 26/12/2012 (Aprobación), 17/01/2013 (BOP), 10/01/2013 (DOG) | autores = Julio C. Rojo Martínez e Isidro López Yáñez, Equipo ESTUDIO TECNICO GALEGO SA | editores = Concello de Mesía | url = http://www.concellodemesia.gal/concello/urbanismo/pxom1}}</ref><ref>Sección: Restos arqueolóxicos.</ref>
 
Inda que non exite unha proba directa, a [[Vía XX]] [[Imperio Romano|romana]] que describiu Antonino pasou ou ben por preto ou pola parroquia.<ref name="GBonome" />
Liña 31:
O Hospital foi cando menos desde o [[século XII]] un lugar de viaxeiros que peregrinaban a [[Santiago de Compostela|Compostela]].<ref name="caminho" /> Xa o rei [[Afonso VII]] declarou cales eran os lindes do convento e do hospital no [[1140]]. Ese hospital funcionaría como tal xa que puido ser unha [[lepra|leprosería]]. O hospital está cerca do monte da [[A Malata, Vizoño, Abegondo|Malata]], en [[Vizoño, Abegondo|Vizoño]]; e ese [[topónimo]] refírese a lepra; co que parece apoiar que o hospital tivese esa función.<ref name="blanco2008">{{Cita publicación periódica | título = Las fortalezas medievales que jalobaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos | nome1 = Mª del Rosario | apelidos1 = Valdés Blanco-Rajoy | xornal = Caminería Hispánica. Actas del VIII Congreso Internacional | editores = Manuel Criado de Val (edit.) (IEGPS) Comunicaciones congresos | lugar = Madrid | ano = 2008 | url = http://hdl.handle.net/10261/34611 |isbn = 9788477904694}}</ref> O [[abade]] do [[condado]] de ''Némitos'' ou [[Nendos]], [[Pedro Crescóniz]], foi o fundador dese hospital, que se emprazou nun lugar chamado ''Rania Longa'', hoxe en día lugar de Raña Longa. Ese hospital estaba entre as "terras de [[Santa Cruz de Montaos, Ordes|Montaos]]" e o [[Comarca de Betanzos|condado de Nemitos]]<ref>O condado de Némitos ou Nendos ocupou un territorio similar á comarca de Betanzos no baixo medievo.</ref>. Neses anos Pedro Martis e a súa muller Urraca cedéronlle ao Hospital de Santiago nun documento do 25 de maio de [[1175]] unha parte do terreo do lugar de "''Rama-Longa''" en "''Gruma''", referíndose a Bruma:<ref name="GBonome">{{Cita libro| título = O Camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. II Aulas no Camiño | capítulo = Los hospitales de peregrinos: de Ferrol a Santiago | nome1 = María A. | apelidos1 = González Bonome | data = 1997 | lugar = Ferrol | editores = José Leira López-Vizoso (coord.). Servizo de publicacións, [[Universidade da Coruña]] | páxinas = 311-329 | isbn = 84-89694-47-8 | url = https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/8708}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica | título = La hospitalidad en el camino inglés | autores = José Raimundo Núñez Varela y Lendoiro, Manuel Pérez Grueiro, Ana López Brey | páxina-web = cronistadebetanzos.com | ano = 2012}}</ref>
{{Cita|de omni portione nostra ipsius '''hospitales de gruma'''|Pedro Martis, 1175}}
A parroquia do "San Lourenzo do Hospital", a que se lle ten chamado así, pertenceu ata o [[século XV]], xunto con San Xiao de [[Poulo, Ordes|Poulo]] e o coto de [[Buscás, Ordes|Buscás]], aos señores de Mesía, afincados nese [[Mesía, Mesía|lugar]] e [[Castelo de Mesía|torre]].<ref name="GBonome" /> O rei [[Carlos I]] fixo unha parada da súa viaxe para almorzar en Bruma no [[século XVI]]. [[Pedro Juan Villuga|Pedro Villuga]] e o [[Martín Sarmiento|Padre Sarmiento]] fixeron mención ao Hospital como ruta de paso da [[A Coruña|Coruña]] ata [[As Travesas, Beira, Carral|as Travesas]].<ref name="GBonome" />
 
O 25 de abril de [[1836]] publícase a resolución do goberno pola que se crea o concello de Mesía e nel se inclúen, entre outras, Bruma e [[Ardemil, Ordes|Ardemil]] como parroquias do concello.<ref>{{Cita publicación periódica| título = Artigos de Oficio - Diputación provincial da Coruña. Continuación del arreglo de ayuntamientos. Partido de Santiago.|número = 116 | data = Luns 26 de abril de 1836 |xornal = Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña | idioma = castelán}}</ref> Porén, no verán dese mesmo ano de 1836, unha nova orde do estado move a parroquia de Ardemil para o concello de [[Ordes]], co cal Bruma convértese nun exclave de Mesía.<ref>{{Cita libro| título = Crónica general de España o sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones mas importantes de la península y de ultramar. [...] Coruña. | autores = Obra redactada por conocidos escritores de Madrid, de provincias y de América (Fulgosio, Fernando) | lugar = Madrid | editores = Ronchi y Compañía | URL = http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.cmd?id=7087 | ano = 1866}}
Liña 37:
 
==Topónimo==
A construción dun hospital para peregrinos na parroquia fixo que a parroquia de Bruma pasase a ser coñecida como "''Hospital de Bruma''" ou mencionada como ''"San Lourenzo do Hospital"'', e que o lugar onde se atopa tamén reciba o nome de Hospital.<ref name="pxom" /><ref name="Sección: Arquitectura relixiosa">Sección: Arquitectura relixiosa.</ref>
 
==Patrimonio==
===Patrimonio arqueolóxico===
No lugar do Coto do Regueiro, entre Bruma e [[Ardemil, Ordes|Ardemil]] atópase o xacemento dunha [[mámoa]] que data do [[neolítico]] ou [[Idade de Bronce|idade de bronce]].<ref name="pxom" /><ref name="Xacemento arqueolóxico número 31">Xacemento arqueolóxico número 31.</ref><ref>Mámoa do Coto con referencia: GA15047059-60.</ref>
 
===Patrimonio arquitectónico===
====O Hospital de peregrinos====
No lugar do Hospital está o albergue de peregrinos do [[Camiño Inglés|camiño inglés]] de Santiago.<ref name="caminho" /> Ese edificio, de estilo do [[Arquitectura gótica en Galicia|gótico]] tardío, construiuse no [[século XVI]] á beira do rego de Outeiros. Está feito de [[cachotaría]], ten unha cociña cunha boa [[cheminea]] e conta con [[Lintel|linteis]] con inscricións relixiosas. A pranta do edificio é rectangular e ten un [[pórtico]].<ref name="ReferenceA">Plan xeral de ordenación municipal de Mesía. Arquitectura cultural.</ref>
 
Coa súa reforma do [[século XX]] o edifio ampliouse, sen respetar o estilo inicial do hospital.<ref>Plan xeral de ordenación municipal de Mesía. Arquitectura cultural.<name="ReferenceA"/ref>
<gallery>
Hospital de Bruma 2.jpg|O albergue, separado polo rego dos Outeiros do parque infantil.
Liña 58:
====Hórreos====
[[File:Horreo_Hospital_de_Bruma.jpg|miniatura|Hórreo de mahía no [[Hospital, Bruma, Mesía|Hospital]].]]
Os [[hórreo]]s catalogados da parroquia son de tipo Mahía e de dous ou tres vans.<ref name="pxom" /><ref>Sección do catálogo "Hórreos da parroquia de Bruma".</ref>
 
===Patrimonio relixioso===
====Igrexa de San Lourenzo====
A igrexa parroquial de San Lourenzo de Bruma e capela está no lugar do Hospital, no rueiro do Hospital e polo que pasa o [[Camiño inglés]] de Santiago. É unha igrexa de estilo [[arquitectura gótica|gótico]] tardío que posiblemente se construiu no século XVI e que tivo arranxos desde o século XVIII ata o XX. Está feita con fábrica de canteira e cachotería e posúe un arco triunfal, que arestora está cegado e agochado detrás dun falso teito. A espadana está feita como os muros e a pranta da igrexa é rectangular. Está sen cuberta e os seus muros están en parte en ruínas.<ref name="pxom" /><ref> name="Xacemento arqueolóxico número 31.<"/ref>
 
A igrexa citouse na viaxe do rei [[Filipe II]].<ref name="pxom" /><ref> name="Sección: Arquitectura relixiosa.<"/ref>
 
<gallery>
Liña 105:
===Ligazóns externas===
*[http://www.concellodemesia.gal/mesia/parroquias/bruma-san-lourenzo Bruma na web do concello de Mesía]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Parroquias de Mesía]]