Partido Popular de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
retiro o último. As ligazóns non funcionan e semellan en contextos de campañas electorais. E non ten moito sentido. Vox di que o PP é socialista e iso non fai ao PP socialista
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
A referencia que se dá é absurda, é un comentarista político totalmente descoñecido dunha web islámica española descoñecida fóra do seu ámbito
Liña 31:
=== Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG ===
==== Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal ====
O antecedente máis próximo atópase na desaparecida [[Alianza Popular]], que fora, tras a [[ditadura]] franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de [[Francisco Franco|Franco]] que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha [[federación]] de partidos liderados na súa maioría por ex ministros franquistas: ''Reforma Democrática'' ([[Manuel Fraga Iribarne]]), ''Acción Rexional'' ([[Laureano López Rodó]]), ''Acción Democrática Española'' ([[Federico Silva Muñóz]]), ''Democracia Social'' ([[Licinio de la Fuente y de la Fuente]]), ''Unión del Pueblo Español'' ([[Cruz Martínez Esteruelas]]), ''Unión Social Popular'' ([[Enrique Thomas de Carranza]]), ''Unión Nacional Española'' ([[Gonzalo Fernández de la Mora]]) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro [[secretario xeral]]. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendenza liberal-conservadurista do seu partido<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/GARRIGUES_WALKER/_ANTONIO/FRAGA_IRIBARNE/_MANUEL/ALZAGA/_oSCAR/ESPAnA/PARTIDO_POPULAR_/PP/Alianza/Popular/intenta/convertirse/alternativa/Gobierno/basada/votos/derecha/centro/elpepiesp/19840127elpepinac_4/Tes/ Herrero de Miñón e o liberal-conservadorismo]</ref>. Por outra banda, a relevancia dos [[Lexionarios de Cristo]], conduce a que algúns comentaristas políticos liguen o partido co nacional-catolicismo<ref>[http://www.webislam.com/?idt=7193 Alianza Popular e o Nacional-catolicismo]</ref>.
[[Ficheiro:Nuñezfeijoo.jpg|miniatura|esquerda|175px|Alberto Núñez Feijóo, actual presidente do PPdeG]]
 
==== Ideoloxía do PPdeG na actualidade ====
Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter [[Galeguismo (política)|galeguista]] do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron [[Xosé Cuíña]]<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3222_20_190064__Cartas-Xose-namorado-Galicia Xosé Cuiña, perfil galeguista]</ref>, [[Xesús Palmou]]<ref>[http://clasica.xornal.com/article.php?sid=200901220100410001 Xesús Palmou e a necesidade do galeguismo dentro do Partido Popular]</ref> ou o propio [[presidente]] do partido, [[Alberto Núñez Feijóo]]<ref>[http://asturieslliberal.nireblog.com/post/2008/07/26/feijoo-reivindica-o-galeguismo-do-ppdeg-compatible-con-defender-a-dobre-nacionalidade-dos-galegos Feijóo reivindica o galeguismo do PP]</ref>, quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de [[galegofobia]] polos seus adversarios políticos{{cómpre referencia}} e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas,{{Cómpre referencia}} e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de [[Xosé Luís Baltar]], [[Rafael Cuíña]] ou [[Xosé Manuel Barreiro]]<ref>[http://defensemlallenguagallega.blogspot.com.es/2009/07/barreiro-pide-defensa-da-lingua-e-un.html Barreiro reivindica un xiro ao galeguismo]</ref>, destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de [[centro-dereita]]. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo presidente estatal [[Mariano Rajoy]]<ref>[http://www.larepublica.com.uy/mundo/316773-mariano-rajoy-defiende-un-pp-de-centro-que-debe-mejorar Rajoy defende un partido moderado e de centrista]</ref> ou o ex-presidente do goberno español [[José María Aznar]]<ref>[http://www.elconfidencial.com/cache/2008/07/09/43_aznar.html José María Aznar fala dun PP de centro-dereita]</ref>. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal<ref>[http://www.elpais.com/articulo/madrid/tercera/ola/privatizacion/elpepuespmad/20080907elpmad_1/Tes Privatización masiva proposta polo PP]</ref><ref>[http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=5818 Relación do PP coa Igrexa Católica]</ref><ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2005/06/13/espana/1118664493.html O PP contra o matrimonio gay]</ref> como europeo<ref>[https://archive.is/20120707003149/actualidad.terra.es/internacional/articulo/parlamento_europeo_pp_966815.htm O PP e a resolución sobre o Franquismo no parlamento europeo]</ref> do Partido Popular.