Emérito, emérita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
contido trasladado ós artigos correspondentes
Liña 42:
 
Un exemplo deste tipo de fundación preséntao a actual [[Mérida, España|Mérida]], capital de [[Extremadura]], [[España]], que levou o nome de ''Emerita Augusta'' cando se creou no ano 25 a. C. Para o asentamento da nova poboación, déuselles a cidadanía romana aos habitantes das xentes que vivían previamente no lugar. Así, o [[emperador]] [[César Augusto]] premiou con esta nova cidade os seus homes ao finalizar as cruentas [[guerras cántabras]], creando unha próspera cidade na [[Bética]] —entón englobada na [[Hispania Ulterior]]— que máis tarde se convertería na capital da provincia de [[Lusitania]].
 
== Dous casos contemporáneos excepcionais ==
 
=== Renuncia de Benedito XVI ===
[[Ficheiro:Papa emeritus Benedetto XVI (2015).jpg|miniatura|O [[papa]] emérito [[Bieito XVI, papa|Benedito XVI]].]]
 
O [[11 de febreiro]] de [[2013]] o [[papa]] [[Bieito XVI, papa|Benedito XVI]] anunciou por sorpresa a súa renuncia ao cargo, alegando «falta de forzas». O anuncio realizouno en [[latín]] durante o consistorio de [[canonización]] dos [[mártires de Otranto]]. Segundo as súas palabras:
{{cita|Cheguei á certeza de que as miñas forzas, debido á miña avanzada idade, non se adecúan por máis tempo ao exercicio do ministerio petrino. Con total liberdade declaro que renuncio ao ministerio de bispo de Roma e sucesor de Pedro.}}
 
A renuncia do papa Benedito debe considerarse excepcional, dado que foi a primeira desde a [[Idade Media]], concretamente o ano [[1415]] —con [[Gregorio XII]], obrigado a renunciar no [[Concilio de Constanza]] para dar fin ao [[Cisma de Occidente]]—, e a primeira por vontade propia desde [[1294]] (con [[Celestino V]], que renunciou para facerse ermitán). No momento de anunciar a súa renuncia, o papa Benedito XVI tiña 85 anos, e levaba case oito de pontificado.<ref>{{Cita web |url=http://www.20minutos.es/noticia/1727210/0/papa-benedicto-xvi/renuncia/pontificado/ |título=El papa Benedicto XVI renunciará al pontificado el 28 de febrero "por falta de fuerzas" |dataacceso=11 de maio de 2018}}</ref>
 
Dita renuncia fíxose efectiva o [[28 de febreiro]] ás 20:00 horas, hora de Italia, a partir da cal a sede papal quedou vacante, dando comezo ao proceso de celebración dun conclave, que elixiu un novo papa, [[Francisco, papa|Francisco]]. Benedito XVI abandonou a [[Cidade do Vaticano]] en [[helicóptero]] para dirixirse a [[Castel Gandolfo]]. Chegado á que sería a súa nova residencia nos dous primeiros meses tras a súa renuncia, compareceu no balcón do Palacio Apostólico, onde dirixiu as súas últimas palabras como papa á xente congregada na praza:
 
{{cita|Grazas, grazas de corazón. Grazas pola vosa amizade e o vostro afecto (...). Non son máis o [[Papa|Sumo Pontífice]] da [[Igrexa católica|Igrexa]]. A partir das 20:00 horas, serei simplemente un peregrino que continúa a súa peregrinaxe sobre a [[Terra]] e enfronta a etapa final. (...) Grazas e boa noite.}}
 
Seguidamente, deu a bendición e retirouse.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/28/internacional/1362024036.html Benedicto XVI ya es Papa emérito: 'Seré simplemente un peregrino'] Diario ''[[El Mundo]]'', 28/02/2013.</ref> Ás 20:00 horas, a [[Garda suíza]] que custodiaba o portón do palacio foi relevada, á vez que se pechaban os postigos, simbolizando deste modo o fin do pontificado.
 
Durante o tempo de sede vacante, a até o [[2 de maio]] de [[2013]], Benedito XVI residiu en Castel Gandolfo; logo, ese mesmo 2 de maio, trasladouse ao [[mosteiro]] ''Mater Ecclesiae'', que se encontra dentro dos muros do [[Cidade do Vaticano|Vaticano]].<ref>{{Cita web |url=http://www.zenit.org/es/articles/benedicto-xvi-regreso-a-el-vaticano--2 |título=Benedicto XVI regresó a El Vaticano |autor=Zenit |dataacceso=11 de maio de 2018}}</ref> Alí vive dedicado á oración e ás súas afeccións, xunto co seu secretario privado [[Georg Ganswein]], catro laicas consagradas da comunidade ''Memores Domini'' (que o axudarán co labores domésticos) e un [[diácono]] belga. Ademais hai dispoñíbel un cuarto para que se aloxe seu irmán, [[Georg Ratzinger]], cando o visite.<ref>[http://www.informador.com.mx/internacional/2013/454990/6/el-papa-francisco-recibe-a-benedicto-xvi-en-su-regreso-al-vaticano.htm El Papa Francisco recibe a Benedicto XVI en su regreso al Vaticano] Informador.</ref> Deste modo Benedito vive cerca do seu sucesor, o [[papa Francisco]], na propia Cidade do Vaticano, sendo isto un acontecemento único e histórico dentro da Igrexa Católica.<ref>{{Cita web |url=http://www.nuevodiarioweb.com.ar/notas/2013/5/3/historico-insolito-papas-vaticano-451018.asp |título=Histórico e insólito: dos papas en el Vaticano}}</ref> O até entón papa mantén o seu nome, Benedito XVI,<ref>{{Cita web |url=http://diario.mx/Internacional/2013-02-14_16d74a78/mantendra-nombre-de-benedicto-xvi/ |título=Mantendrá nombre de Benedicto XVI |dataacceso=11 de maio de 2018}}</ref> e desde a súa renuncia ostenta o título de papa emérito ou pontífice emérito,<ref>{{cita publicación |revista=VIS |título=Benedicto XVI será Papa emérito |url=http://www.news.va/es/news/benedicto-xvi-sera-papa-emerito |editorial=News.va |data=26 de febreiro de 2013 |dataacceso=11 de maio de 2018}}</ref> así como bispo emérito de Roma, co tratamento de Súa Santidade.<ref>{{Cita web |url=http://www.cronicaviva.com.pe/index.php/mundo/europa/62099-papa-benedicto-xvi-se-convertira-en-obispo-emerito |título=Papa Benedicto XVI se convertirá en Obispo Emérito |dataacceso=11 de maio de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131202233241/http://www.cronicaviva.com.pe/index.php/mundo/europa/62099-papa-benedicto-xvi-se-convertira-en-obispo-emerito |dataarquivo=2 de decembro de 2013 }}</ref>
 
[[Ficheiro:Firmaleyabdicacionjuancarlos.jpg|miniatura|O rei [[Juan Carlos I]] asinando a súa abdicación.]]
 
=== Abdicación de Juan Carlos I ===
 
Coa [[abdicación]] da Súa Maxestade El-Rei Don [[Juan Carlos I]] de [[España]],<ref>BOE: [https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2014-6476 Ley Orgánica 3/2014, de 18 de junio, por la que se hace efectiva la abdicación de Su Majestad el Rey Don Juan Carlos I de Borbón.]</ref> deuse unha situación puoco común, como é a convivencia de dous [[monarca]]s, e non prevista na [[Constitución de 1978]], xa que nela só se indica que para que se dea este caso requírese un desenvolvemento lexislativo mediante Lei Orgánica. Ante esta situación, o Goberno de [[Mariano Rajoy]] emitiu un Real Decreto,<ref>[https://www.boe.es/boe/dias/2014/06/19/pdfs/BOE-A-2014-6477.pdf Real Decreto 470/2014, de 13 de junio, por el que se modifica el Real Decreto 1368/1987, de 6 de noviembre, sobre régimen de títulos, tratamientos y honores de la Familia Real y de los Regentes].</ref> polo cal, o Rei e a Raíña saíntes, Don Juan Carlos e Dona [[Sofía de Grecia|Sofía]] conservarían os títulos de Rei e Raíña respectivamente, cos mesmos honores que ten o herdeiro da Coroa, o [[Príncipe de Asturias|Príncipe ou a Princesa de Asturias]], actualmente [[Leonor de Borbón]].
 
Debido a que as Súas Maxestades os Reis saíntes conservan moitos dos privilexios que tiñan como Reis reinantes e, para distinguilos nos medios de comunicación dos Reis titulares da Corona, engádese a continuación do seu título o adxectivo ''emérito''.
 
== Notas ==
{{listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.uam.es/presentacion/estatutos/tcuarto.html Estatutos universitarios de la Universidad Autónoma de Madrid]
* [https://web.archive.org/web/20061001222143/http://www.uc3m.es/uc3m/gral/UH/estatutos-2002.html#tit3-cap_1 Estatutos universitarios de la Universidad de Alcalá de Henares]
* [https://web.archive.org/web/20060915165742/http://www.sru.edu/pages/2923.asp Condiciones para ser elegido profesor emérito de la Slippery Rock University de] [[Pensilvania]], [[Estados Unidos]]
* [https://www.conman.ualberta.ca/stellent/groups/public/@academic/documents/procedure/pp_cmp_050657.hcsp Condiciones para ser elegido profesor emérito por la Universidad de] [[Alberta]] ([[Canadá]])
* [http://www.vatican.va/news_services/press/sinodo/documents/bollettino_20_x-ordinaria-2001/04_spagnolo/b11_04.html X Asamblea Ordinaria del Sínodo de Obispos]
* [http://www.vatican.va/archive/ESL0020/__P1D.HTM Derecho canónico sobre las renuncias de los obispos]
 
* {{ORDENAR:Emerito}}
 
{{Control de autoridades}}