Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Idade Media antiga: arranaxiños
Liña 28:
=== Idade Media antiga ===
[[Ficheiro:Silos-Claustro.jpg|miniatura|esquerda|240px|No inicio do período medieval, a vida cultural concentrouse nos mosteiros. Na imaxe, Claustro do Mosteiro de [[Silos]].]]
O Imperio Romano de Occidente, unido pola lingua latina, englobaba un gran número de culturas diferentes que foran asimiladas dunha maneira incompleta pola cultura romana. Debilitado polas migracións e as invasións das chamadas [[Baixo Imperio romanoBárbaro|invasións bárbaras]], pola desintegración política de Roma no [[século V]] e illado do resto do mundo pola expansión do [[Islam]] no [[século VII]], o occidente Europeo chegou a ser pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e pobos seminómadas. A inestabilidade política e o declinar da vida urbana golpearon duramente a vida cultural do continente.
 
A [[Igrexa Católicacatólica]], como única institución que non se desintegrou neste proceso, mantivo o que restou de forza intelectual, especialmente a través da [[Mosteiro|vida monástica]].<ref>Pierre Riché, ''Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century'', Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 100–29.</ref>
 
A educación dos leigos sobreviviu modestamente en [[Italia]], [[España]] e no sur da [[Galia]], onde a influencia romana foi máis duradeira. No [[século VII]], a instrución comeza a emerxer en [[Irlanda]] e noutras terras [[Celtas|célticas]], nas que o latín era unha lingua estranxeira, e os textos latinos foron estudados e ensinados con afán.<ref>Pierre Riché, ''Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century'', Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 307–23.</ref>